Hoxe o Ministerio de
Facenda e Administracións Públicas (MIHAP) publicou os resultados do novo Sistema de
Contas Públicas Territorializadas
(SCPT)
correspondentes ao ano 2011.
O traballo segue a
metodoloxía desenvolvida por Anxo da Fonte (FEDEA e CSIC), Ramón Barberán (Universidade de Zaragoza)
e Ezequiel Uriel
(Universidade de Valencia) no marco dun proxecto de investigación comisionado
pola Fundación SEPI.
Informa o Ministerio que esta nova estatística, que se publicará a partir de agora de forma recorrente, ofrece unha radiografía detallada da incidencia territorial dos presupostos públicos dende unha óptica de carga-beneficio, tanto polo lado do ingreso coma do gasto. Entre outras novidades, a metodoloxía clasifica os fluxos presupostarios nunha serie de partidas que perseguen obxectivos diferentes e gardan relacións moi distintas co territorio e permite descompoñer os saldos fiscais rexionais nas contribucións dos distintos programas presupostarios co detalle que se desexe, o que permite ver de onde proveñen tales saldos e fai posible valorar os seus distintos compoñentes cos criterios que resulten máis apropiados en cada caso.
A xuízo do Ministerio de
Facenda, a publicación do SCPT
supón un esforzo notable de transparencia. Ningún outro país publica
información oficial comparable sobre a distribución territorial dos ingresos e
os gastos públicos. O MIHAP
confía en que esta nova ferramenta fará posibles un debate máis informado sobre
a racionalidade e a equidade da repartición dos recursos públicos e das cargas
tributarias e axudará a mellorar o deseño de certas políticas nas que a
dimensión territorial é importante.
Segundo este estudo terían saldo positivos as Comunidades Autónoma de Andalucía (7.421 millóns de euros), Canarias (4.054), Castela e León (3.929), e Galicia (3.240).
Tamén: Extremadura (2.991
millóns), Castela-A Mancha (2.043), Asturias (1.666), País Vasco (1.576), Ceuta
e Melilla (702), Aragón (633), Cantabria (205), Murcia (173), Navarra (35) e La Rioja (12).
A Comunidade de Madrid é a que ten un maior saldo negativo (-16.723 millóns) seguido de Cataluña (8.455), a Comunidade Valenciana ( -2.018 ) e Baleares (-1.483) millóns.
Considero oportuno analizar con detalle este informe antes de facer unha valoración dos datos que desprende.
A Comunidade de Madrid é a que ten un maior saldo negativo (-16.723 millóns) seguido de Cataluña (8.455), a Comunidade Valenciana ( -2.018 ) e Baleares (-1.483) millóns.
Considero oportuno analizar con detalle este informe antes de facer unha valoración dos datos que desprende.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta