martes, 15 de julio de 2014

Rajoy: "A recuperación económica consolidarase en España cando se consolide a das pemes e os traballadores autónomos"

Destaco a presenza de Mariano Rajoy hoxe en Sevilla nun acto organizado polas Cámaras de Comercio de Andalucía, no que afirmou que, tras as graves dificultades da primeira metade da lexislatura, 2014 foi o ano do cambio na situación económica de España.

"Eu son optimista sobre a evolución da economía española, creo que está a ir a mellor e que vai ir a mellor no futuro. E sono por dúas razóns fundamentais. A primeira, polos datos que estamos a coñecer, que mostran que o peor xa pasou e que se produciu un cambio de tendencia claro na situación da economía. E a segunda razón, que para min é máis importante que a primeira, porque creo nas fortalezas do noso país, España, que as ten e moitas".

Destacou que a mellora se está a consolidar nos principais indicadores macroeconómicos -dende a baixada do déficit público e da prima de risco ata o aumento das exportacións, o investimento estranxeiro e a venda de automóbiles e vivendas- e "tamén se están a producir resultados dos que percibe a xente". 

O cambio máis importante, sinalou é o que se rexistrou no crecemento e o emprego. No primeiro trimestre do ano, España foi o segundo país que máis creceu da zona euro, e por primeira vez dende o comezo da crise están a mellorar as cifras do paro rexistrado e das afiliacións á Seguridade Social en termos interanuais, apuntou.

Rajoy prognósticou que a economía española crecerá un 1,2% en 2014 e un 1,8% o próximo ano, e subliñou que tanto o Fondo Monetario Internacional coma a Comisión Europea revisaron á alza as súas previsións para España. Estou absolutamente convencido de que ao final desta lexislatura haberá máis poboación ocupada, máis xente cotizando á Seguridade Social e menos paro que ao principio", indicou.

O máis importante é que "as reformas estruturais postas en marcha sentarán unhas bases que farán que sexa imposible" que "se repita unha situación" de crise como a sufrida por España, polo que, o próximo ano será mellor que o 2014 pero peor que o 2016. Para asegurar esa tendencia, o Executivo continuará coas reformas, en particular a fiscal -que aprobará o Consello de Ministros este venres ou o día 25, segundo anunciou- e as englobadas no Plan de Crecemento, Competitividade e Eficiencia.

Durante a súa intervención, afirmou que o Goberno é consciente da importancia das pequenas e medianas empresas na xeración de emprego e benestar. "A recuperación económica consolidarase en España cando se consolide a das pemes e os traballadores autónomos", defendeu.

Rajoy repasou as medidas específicas que o Executivo adoptou para apoiar as pemes, como o Plan de pagamento a provedores, o Fondo de Liquidez Autonómico ou a tarifa plana de cotización á Seguridade Social. Ademais, mostrou a súa disposición a emprender novas iniciativas, especialmente no relativo á situación do crédito, "que é unha das materias pendentes nas que temos que seguir traballando".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta