Recibo con gran satisfacción a noticia de que hoxe o Consello de Administración da sociedade estatal Aguas das Concas de España (Acuaes) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aprobou a licitación, por 6,5 millóns de euros, das obras adicionais do abastecemento de auga a Ourense.
O Ministerio financiará o 75% do total do investimento, a través de fondos de Acuaes e Fondos FEDER, mentres que o Concello de Ourense achegará o 25% restante.
Estas obras adicionais teñen como obxecto a conexión do novo sistema de abastecemento de auga en alta, cuxas obras están a ser executadas polo Ministerio, a través de Acuaes, coa rede de distribución existente.
Desta forma, os traballos hoxe licitados permitirán subministrar auga a outros puntos da rede ao reforzar as instalacións existentes mellorando o seu funcionamento de forma óptima e cunha maior eficiencia, o que redundará nun mellor servizo ao usuario.
Ademais, as obras adicionais permitirán enlazar a nova rede cos depósitos municipais existentes situados a maior cota, logrando un abaratamento na explotación, ao reducir o número de bombeos necesarios e conseguir unha economía de escala que diminuirá os custos derivados do consumo enerxético.
En concreto, vanse executar os seguintes ramais:
-Conexión depósito Caracochas con bombeo Barrocás: Mediante unha condución de 684,30 metros de lonxitude, incrementarase a capacidade de almacenamento e a seguridade do abastecemento nos núcleos de poboación do oeste da cidade.
-Subministración ao Polígono Industrial de Seixalbo dende Barrocás:
- Executaranse as obras dunha condución de 3.265,10 metros, asegurando o correcto abastecemento do polígono, situado ao Sueste do municipio, mediante a súa conexión á rede de abastecemento de Ourense, de modo que se pode prescindir da compra de auga a San Cibrao.
-Peche anel Sur: Mediante unha condución de 1.582,41 metros pasarase a subministrar dende Caracochas a todo o ámbito sur do municipio.
-Conexión depósito Caracochas con depósito Ceboliño: Defínese unha arteria cara aos depósitos de Ceboliño para eliminar os actuais bombeos que garanten a subministración a aquel sector. A condución terá 1.845,91 m de lonxitude.
-Conexión depósito Caracochas co depósito de Rotura-Regoufe: Dáse continuidade á rede principal de abastecemento de Ourense, entre o novo depósito de Ceboliño e os de Canibelos e Regoufe, posibilitando a eliminación do bombeo de San Tomé cunha nova condución ata Regoufe. A condución neste tramo terá 2.968,86 metros de lonxitude.
Estas actuacións permitirán un máximo aproveitamento do novo sistema de regulación Montealegre-Caracochas, permitindo que este dea servizo á maior parte da cidade de Ourense situada na marxe esquerda do río Miño.
Esta actuación, xunto coa nova ETAP, que se encontra actualmente en fase de posta en marcha, completará o sistema de abastecemento á cidade, garantindo o abastecemento de auga en calidade e cantidade unha poboación de 100.000 habitantes.
Acredita novamente esta licitación o compromiso do Goberno do Partido Popular cunha obra esencial para a nosa capital, como é o abastecemento de augas. Salientar tamén a boa colaboración institucional e a aportación do Concello de Ourense.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta