Asisto dende as 12,00 horas de hoxe á Deputación Permanente do
Congreso dos Deputados que ten que decidir sobre as peticións presentadas polos
diferentes grupos parlamentarios que solicitan a comparecencia do presidente do
Goberno, Mariano Rajoy, e
doce ministros en sesións extraordinarias do Pleno e as correspondentes
comisións.
En primeiro lugar debaterase a petición formulada polos os grupos parlamentarios Mixto e de IU, ICV-EUiA, CHA: A Esquerda Plural, para que o ministro de Industria, Enerxía e Turismo informe sobre a posibilidade de indemnizar a ACS polo investimento efectuado no proxecto de almacenamento de gas Castor.
A continuación verase a petición formulada polo Grupo Socialista para a comparecencia dos ministros de Xustiza, de Defensa, de Facenda e Administracións Públicas, de Fomento, de Cultura, de Emprego e Seguridade Social, de Industria, Enerxía e Turismo, e de Economía e Competitividade, co obxecto de informar en relación coas disposicións sobre materias obxecto da súa competencia incluídas no Real Decreto-lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
Posteriormente debateranse de forma conxunta as peticións formuladas polos grupos Socialista, de IU, ICV-EUiA, CHA e Mixto para que o ministro de Xustiza informe sobre a privatización do Rexistro Civil.
A continuación decídese, a petición do PSOE, a comparecencia do ministro de Xustiza para que informe sobre as reaccións de determinados sectores profesionais ante o Proxecto de Lei de asistencia xurídica gratuíta e o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial.
Tamén o PSOE solicitou a comparecencia do ministro de Facenda e Administracións Públicas para informar acerca do procedemento de investigación aberto pola Comisión Europea sobre unha posible manipulación do déficit na Comunitat Valenciana.
De forma acumulada debateranse as solicitudes do PSOE, de IU,
ICV-EUiA, CHA, de Convergència
i Unió, de EAJ-PNV e do
Grupo Mixto, para que compareza en comisión o ministro de Educación, Cultura e
Deporte para informar sobre o Real Decreto polo que se regulan os procedementos
administrativos relativos ao recoñecemento da compensación dos custos de
escolarización previstos no apartado 4 da disposición adicional trixésimo
oitava da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
A petición do PSOE debaterase a comparecencia da ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, para informar das medidas a adoptar polo Goberno para paliar os danos producidos polas inclemencias climatolóxicas en diversas bisbarras.
Tamén se abordará a solicitude, a petición de IU, ICV-EUiA, CHA e Grupo Mixto, para a celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno da Cámara para a creación dunha comisión de investigación sobre corrupción política.
Así mesmo, os grupos parlamentarios Mixto e de IU, ICV-EUiA, CHA solicitaron a comparecencia do ministro do Interior para explicar diversos aspectos relacionados coa Lei de Seguridade Cidadá.
De forma acumulada debateranse a petición dos grupos parlamentarios Mixto e de IU, ICV-EUiA, CHA para a celebración dunha sesión extraordinaria do Pleno da Cámara na que compareza o presidente do Goberno para informar das medidas que adoptou o Goberno ante o conflito en Gaza e instalo a que tome medidas para a súa resolución. Estes grupos, xunto ao PSOE, pediron a comparecencia do ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación para explicar a situación na Franxa de Gaza.

A continuación debateranse as peticións do PSOE, de IU,
ICV-EUiA, CHA e do Grupo Mixto para que o
ministro de Industria, Enerxía e Turismo informe sobre o expediente da UE a
España pola falta de estudo ambiental da liña de Muy Alta Tensión (MAT) ao
seu paso por Santa Coloma de Gramenet.
Os grupos parlamentarios Mixto e de IU, ICV-EUiA, CHA pediron tamén a comparecencia do ministro de Xustiza para explicar as accións que pensa levar a cabo o ministerio para combater os delitos de odio.
De forma acumulada debateranse as peticións do PSOE, de IU, ICV-EUiA, CHA, de Convergència i Unió, de EAJ-PNV e do Grupo Mixto para que a ministra de Sanidade informe sobre as contías e distribución dos fondos destinados á loita contra a pobreza infantil e sobre o Sistema de Atención á Dependencia.
Así mesmo, os grupos parlamentarios Socialista, de IU, ICV-EUiA, CHA e Mixto solicitaron a comparecencia do ministro de Industria, Enerxía e Turismo para explicar a situación e perspectivas da central termoeléctrica situada na localidade de Puertollano.
Seguidamente debateranse as propostas dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, EAJ-PNV, Unión Progreso e Democracia e Mixto para que a ministra de Fomento explique os plans do Goberno sobre a privatización de AENA, así como a comparecencia do presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), para explicar varios informes sobre o sector aeroportuario en España.
A continuación debateranse as propostas do PSOE, IU, ICV-EUiA, CHA e Grupo Mixto para que o ministro de Xustiza informe en relación coa reforma da lexislación reguladora da interrupción voluntaria do embarazo.
Os grupos parlamentarios de IU, ICV-EUiA, CHA e Mixto solicitaron a comparecencia do ministro de Xustiza, para informar sobre a posición do Goberno con respecto ao dereito de folga.
O PSOE quere tamén que a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade explique os plans do Goberno respecto ao financiamento de novas terapias para os pacientes de hepatite C.

O PSOE, IU, ICV-EUiA, CHA e o Grupo Mixto someterán a votación a comparecencia do ministro
de Economía e Competitividade, para explicar as medidas que vai adoptar o
Goberno ante o fallo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) respecto da Lei 1/2013, do 14 de maio, de medidas para reforzar
a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer
social.
Por outra parte, os grupos parlamentarios de EAJ-PNV e Convergència i Unió solicitaron a comparecencia do ministro do Interior para que
informe sobre sobre a actitude do seu departamento en relación aos presos de
ETA que forman parte da denominada Vía Nanclares.
A Deputación Permanente debaterá tamén a petición de IU, ICV-EUiA e o Grupo Mixto para que o presidente do Goberno dea
conta das actuacións do seu Executivo que están a poñer en risco a armazón
institucional e a articulación propia do Estado.
A continuación decídese, por proposta de Convergència
i Unió e de IU, ICV-EUiA, CHA, a comparecencia do ministro de Facenda e Administracións
Públicas para informar sobre os recursos do sistema de financiamento das
Comunidades Autónomas de réxime común e das participacións nos fondos de
converxencia, correspondentes ao exercicio 2012, con especial atención ao
acontecido en Cataluña.
Por último, debaterase a solicitude de comparecencia presentada polo PSOE para que a ministra de Emprego e Seguridade Social informe sobre
o contido do Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, e a súa incidencia, xunto
co Proxecto de Lei de Mutuas, na xestión dos procesos por incapacidade temporal dos
traballadores e no labor dos facultativos dos servizos públicos de saúde.
Finalmente e despois dos debates foi aprobada a comparecencia dos ministros de Asuntos Exteriores e Cooperación, José Manuel García Margallo; e de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, en sesións extraordinarias das comisións correspondentes.
O responsable de Asuntos Exteriores comparecerá para explicar a situación na Franxa de Gaza a petición dos grupos parlamentarios Mixto e de IU, ICV-EUiA, CHA, petición aprobada por unanimidade, e para informar sobre a situación entre Israel e Palestina, petición do Grupo Socialista, tamén por unanimidade.
Así mesmo, acordouse a comparecencia do ministro de Economía e Competitividade, para explicar as medidas que vai adoptar o Goberno ante o fallo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) respecto da Lei 1/2013, do 14 de maio, de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social, por solicitude do Grupo Socialista, aprobada por unanimidade, e de IU, ICV-EUiA, CHA e o Grupo Mixto, tamén aprobada por unanimidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta