Asisto hoxe na Comisión de Economía e Competitividade do Congreso dos Deputados ao debate do proxecto de Lei pola que se adoptan medidas urxentes en materia de refinanciamento e reestruturación de débeda empresarial (procedente do Real Decreto-Lei 4/2014, do 7 de marzo).
Na exposición de motivos se afirma que con frecuencia, empresas realmente viables dende un punto de vista operativo (é dicir susceptibles de xerar beneficios no seu negocio ordinario) se teñen tornado en inviables dende un punto de vista financeiro. Ante esta situación existen dúas alternativas: ou ben liquidar a empresa no seu conxunto, ou ben a sanear dende un punto de vista financeiro, co fin de que a débeda remanente sexa soportable, permitindo así que a empresa siga atendendo os seus compromisos no tráfico económico, xerando riqueza e creando postos de traballo. Parece evidente que a segunda alternativa é preferible á primeira, sendo en consecuencia obriga dos poderes públicos adoptar medidas favorecedoras do alivio de carga financeira ou "desapancamento".
Esa é precisamente a finalidade deste real proxecto lei, que debe conxugarse co máximo respecto ás lexítimas expectativas dos acredores, os cales haberán de participar activamente e coas máximas garantías nestes procedementos de alivio de carga financeira.
Trátase en definitiva de favorecer tamén para eles que unha expectativa incerta de cobramento dunha cantidade elevada (en termos de capacidade de pagamento do debedor) se torne nunha certeza razoable de cobramento dunha cantidade máis reducida ou suxeita a unha maior espera. Trátase de favorecer tamén os mecanismos para que a débeda poida transformarse en capital.
Só mediante o alivio da débeda insostible será posible lograr que volva fluír o crédito, concibido non tanto como panca senón como verdadeiro zume da economía, posto que o crédito é indispensable para atender os desfases entre cobramentos e pagamentos propios do xiro empresarial e para acometer os investimentos verdadeiramente produtivas, sempre -claro está- que a débeda correspondente sexa soportable.
A presente reforma céntrase na mellora do marco legal preconcursal dos acordos de refinanciamento, por constituír unha das áreas estratexicamente máis relevantes na medida en que, froito do consenso entre o debedor e os seus acredores, pretenden a maximización do valor dos activos, evitando o concurso da entidade, e a redución ou aprazamento dos pasivos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta