Onte o Consello de Ministros aprobaba un novo marco de
regulación e supervisión aeroportuaria para garantir a calidade do servizo, e o
mantemento da rede de aeroportos españois, así como favorecer o desenvolvemento
económico e a competitividade do sector mediante a conxelación das taxas ata o
ano 2025.
Este marco regulatorio de carácter estable, adaptado á regulación comunitaria e ao ámbito europeo, materialízase a través dun Real Decreto-lei que elaborou o Ministerio de Fomento e que ten como finalidade garantir, por razóns de interese xeral, a mobilidade dos cidadáns e a cohesión económica, social e territorial, asegurando a accesibilidade e capacidade das infraestruturas aeroportuarias, a sostibilidade económica, así como a axeitada prestación dos servizos aeroportuarios básicos, en termos de calidade, regularidade e seguridade.

O novo marco, denominado Documento de Regulación
Aeroportuaria (DORA), recolle que as tarifas aeroportuarias non poderán subir
polo menos nunha década, ata o ano 2025, o que terá un efecto moi positivo para
a competitividade das compañías aéreas que utilicen os aeroportos de Aena.
É importante resaltar que a estabilidade tarifaria a longo prazo é posible polos niveis de eficiencia alcanzados por AENA nos últimos tres anos, unido á capacidade da Rede de aeroportos e á existencia de modernas infraestruturas. Trátase do maior esforzo pola estabilidade das tarifas levado a cabo por un xestor aeroportuario no mundo.
O DORA garante, ademais, o mantemento da totalidade da
Rede de Aena
constituída por 46 aeroportos e 2 heliportos en toda España.
Refórzase o marco regulador e supervisor
Para que se materialice a entrada de capital privado, o Goberno aprobou o pasado 13 de xuño dar entrada na sociedade a investidores privados ata un límite do 49% do capital de Aena S.A.
Adecuada prestación de servizos.
O Documento de Regulación Aeroportuaria (DORA) será o principal instrumento de regulación e supervisión de Aena S.A. que establecerá as súas directrices concretas de actuación.
Terá unha duración quinquenal e será
elaborado polo Ministerio de Fomento sobre a base dunha proposta de Aena S.A e aos informes
dos supervisores do sistema, e será aprobado polo Consello de Ministros.
Nel
definiranse as condicións mínimas necesarias para garantir a accesibilidade,
suficiencia e idoneidade das infraestruturas aeroportuarias e a axeitada
prestación dos servizos aeroportuarios.
En rolda de prensa a ministra Ana Pastor sinalou que estas medidas contribúen a que os
aeroportos van ser máis competitivos e que imos potenciar a mobilidade, o
turismo, ao tempo que destacou a importancia destas reformas porque máis do 10%
do PIB do noso país se move en torno ao sector
aéreo.
E afirmou que "Estas medidas son un verdadeiro
revitalizador do sector do transporte que nos vai a facer moito máis
competitivos".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta