lunes, 4 de agosto de 2014

Galicia lidera o descenso do paro rexistrado no mes de xullo


Hoxe coñecemos que o paro rexistrado no mes de xullo en España diminuíu en 29.841 persoas respecto ao mes anterior e o número total de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego sitúase en 4.419.860.

Durante os últimos doce meses o paro rexistrado descendeu en 278.954 persoas, situando a taxa interanual no -5,94%. Dende que en maio de 2012 alcanzara un valor máximo do 12,5%, esta taxa caeu en máis de 18 puntos. A redución acumulada do paro rexistrado durante os sete primeiros meses do ano, 281.478 persoas, é a maior dende 1.998.

En termos desestacionalizados, o paro rexistrado no mes de xullo crece en 32.357 persoas, dato que se corresponde coa tendencia da serie histórica, na que dende o ano 2000 o paro desestacionalizado se incrementa nos meses de xullo, coa única excepción do ano 2004.

Entre os menores de 25 anos o paro rexistrado diminúe nos últimos 12 meses en 24.075 persoas, o que supón un descenso do 5,8%.

O paro rexistrado baixa en 14 Comunidades Autónomas, entre as que destacan Galicia (-12.031), Castela e León (-4.220) e Andalucía (-3.487). Sobe en Aragón (3.317), Murcia (1.689) e Madrid (550).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado presenta as seguintes variacións respecto a xuño: En Agricultura increméntase en 424 (0,19%); en Industria baixa en 9.798 (-2,11%); en Construción redúcese en 14.714 (-2,56%); en Servizos  baixa en 12.518 (-0,45%). Por último, o colectivo Sin Empleo Anterior increméntase en 6.765  persoas (1,79 %)

Galicia pechou o mes de xullo con 12.031 parados menos que no mes de xuño, o que en termos porcentuais se traduce nunha baixada do 4,77 por cento. É a comunidade autónoma onde máis baixou o paro rexistrado en termos absolutos e a segunda en termos relativos (-4,90%).

Galicia rexistrou o segundo maior descenso en termos absolutos de toda histórica, xunto co producido en xullo do ano pasado (-2.332), isto é, desde o ano 1996.

A comunidade autónoma presenta tamén unha diminución do paro a nivel interanual: 20.823 desempregados menos, un -7,98 por cento, o que supón a maior baixada internanual nun mes de xullo desde o ano 1999, tanto en termos absolutos e relativos. Trátase, ademais, da novena baixada consecutiva internaual (-7,98%) desde novembro de 2013 e a maior de todas elas en termos porcentuais. 

Ademais, Galicia remata xullo con menos parados (-19.919) dos que había en xullo de 2012, isto é que se volve a niveis de paro inferiores aos de 2012.

O análise por sectores reflicte que, de novo, a maior diminución produciuse no sector servizos (-8.063); seguida pola construción (-1.882); a industria (-1.492); e a agricultura e a pesca (-661).

Por provincias, o paro baixou en todas elas en termos absolutos. O maior descenso corresponde á de Pontevedra (-5.022); seguida por A Coruña (-4.116); Lugo (-1.556) e Ourense (-1.337). As provincias da Coruña e Pontevedra, xunto con Cádiz, son , ademais, as tres provincias onde máis baixa o paro a nivel intermensual.

En canto aos contratos, en Galicia rexistráronse no mes de xullo un total de 91.604 contratos, 17.387 contratos máis que no mes anterior. Deste total, 5.466 foron indefinidos (5,97%) e 86.138 temporais (94,03%).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta