Onte coñecemos que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) diminuíu un 0,3% en xullo en taxa interanual, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Esta redución da taxa de inflación descansou principalmente nos compoñentes máis volátiles do IPC: os produtos enerxéticos e a alimentación non elaborada; tamén contribuíron á devandita moderación a alimentación elaborada e os servizos pero fixérono en moita menor medida. Os Bens Industriais non Enerxéticos (BINES) aumentaron lixeiramente a súa taxa interanual, aínda que se mantén aínda en terreo negativo. En relación co mes anterior, o IPC xeral diminúo un 0,9% en xullo debido a factores estacionais relacionados coas rebaixas de verán en vestido e calzado.
A taxa interanual dos prezos dos alimentos non elaborados reduciuse 1,4 puntos porcentuais en xullo, ata o -5,2%, moderación que responde principalmente á evolución de diversas partidas como froita fresca, patacas e carnes de ovino e de ave.
Os prezos dos produtos enerxéticos rexistraron en xullo unha taxa interanual do 0,3%, 2,3 puntos porcentuais menos que no pasado xuño. Esta significativa desaceleración obedece a un efecto base tanto dos combustibles e carburantes coma da tarifa eléctrica.
Os servizos moderaron a súa inflación anual en xullo nunha décima, ata o 0,2%, debido en boa medida á rúbrica de turismo e hostalaría que reduciu a súa taxa anual en tres décimas, ata o 0,2%.
O IPC diminuíu un 0,9% en xullo respecto ao mes anterior, o que se explica polo abaratamento dos prezos de BINES OS e dos produtos enerxéticos, que foi compensado parcialmente polo encarecemento de servizos e alimentos frescos, a alimentación elaborada non variou.
Das 17 comunidades autónomas, catro rexistraron en xullo unha taxa de inflación interanual superior á media nacional. As máis inflacionistas foron: Illas Baleares (0,1%), Cataluña (0,0%), País Vasco (-0,1%) e Galicia (-0,2%).
En resumo, a inflación diminúo no mes de xullo debido á evolución dos prezos dalgunhas das partidas máis volátiles do IPC, como a alimentación non elaborada e os prezos enerxéticos, especialmente a tarifa eléctrica. Polo tanto, a xuízo do Goberno esta redución considérase transitoria, estimándose que nos próximos meses recupere un signo lixeiramente positivo.
Considera o executivo que esta moderación dos prezos incide favorablemente sobre o poder adquisitivo das rendas e o consumo. Igualmente, facilita a continuidade da moderación salarial e da competitividade, co consecuente impacto positivo sobre as exportacións, facilitando a continuidade da recuperación da produción e o emprego.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta