Sen dúbida a noticia política de hoxe foi a rolda de prensa que hoxe o presidente do Goberno Mariano Rajoy deu en La Moncloa.
Despois de presentar un amplo conxunto de datos económicos, fixen unhas importantes manifestacións das que destaco:
" A recuperación é firme e cada vez máis intensa. Non estamos ante un
espellismo nin ante un alarde de optimismo inxustificado. Estamos a pisar terreo sólido. Confírmanolo tanto o OCDE, como o FMI e outros organismos internacionais.
É certo que os efectos desta nova situación aínda non chegaron a todos os españois porque o dano causado por esta crise foi inxente. Pero os españois teñen un fundado dereito á esperanza.
O que está a acontecer non é produto da casualidade ou da boa sorte. Son cifras moi traballadas, que custaron moito esforzo e tesón aos españois. Quen queira negarlles méritos ao goberno, está no seu dereito, pero non debera negar o mérito extraordinario de todos os españois. Son os cidadáns os que cadraron as contas coa súa determinación e coraxe. Pero unha boa política económica permitiu que estes esforzos non sexan baldíos.
Fomos capaces de facer fronte á crise sen deixar desgornecidos os máis débiles. Mantivemos as pensións no momento máis duro e de maior incerteza sobre a nosa economía e este Goberno subiu as pensións. Fomos capaces de priorizar e apoiar as persoas con maiores dificultades. Seguimos tendo unha sanidade e universal, pública e gratuíta, o mesmo podemos dicir da educación ou da dependencia.
Imos na boa dirección
Imos na boa dirección, pero somos conscientes de que aínda temos moitas cousas que facer e son moitas as dificultades que temos que superar. Por iso é o momento de perseverar nas boas políticas e o momento de pisar o acelerador do crecemento.
É o momento de facer o necesario para ter máis actividade económica, para crear moito emprego e para atender mellor aos que máis se viron golpeados pola crise. Este é o obxectivo dalgunhas das reformas que aprobamos hoxe mesmo ou das que formularemos no próximo período de sesións.
Son consciente de que aínda hai moitos españois que o están a pasar moi mal. Sei que para moitos a crise aínda non pasou. Nin son descoñecedor do que acontece no meu país nin me falta sensibilidade para poñerme no lugar de quen peor estao a pasar.
Tivemos que adoptar medidas duras que a ningún goberno lle gusta adoptar, e que ningún goberno aproba por capricho, pero intentamos en todo momento facer unha repartición equitativa de custos e preservar o núcleo básico do Estado de Benestar.
Agora os resultados empezan a estar á vista.
Quero reiterar o meu sentimento de orgullo e satisfacción pola capacidade da
sociedade española de comprender a situación en que estaba o país,
adaptarse a ela e poñerse mans á obra para a súa transformación.
Foi unha gran tarefa colectiva que nos ha de levar necesariamente á
esperanza.
Se en circunstancias difíciles fomos capaces, entre todos, de dalo a
volta a unha situación que era crítica, non me cabe a menor dúbida de que agora cando circunstancias son máis favorables, saberemos sacar o
mellor partido nesta nova senda de crecemento.
Cada vez estamos máis preto de conseguir o obxectivo de devolver o
benestar e a confianza que perderon durante a crise.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta