Onte con ocasión da feira do viño de Monterrei,
visitamos o stand de
"Puertas de Galicia" que é un Plan de Competitividade Turística. En
concreto un programa público, promovido polo goberno de España, as CCAA e as administracións locais, de
impulso á actividade turística dun territorio concreto mediante a
diferenciación e especialización da súa oferta turística.
Este interesante Plan foi asinado o 13 de decembro de 2010 entre o secretario xeral de Turismo e Comercio Interior, Joan Mesquida, e a secretaria xeral da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a moi eficaz emprendedora verinense Carmen Pardo.
As bisbarras de Monterrei e Conso-Frieiras están
formadas por doce concellos que integran o destino turístico Portas de Galicia. Contan, no seu conxunto,
cunha gran diversidade de recursos, culturais e naturais, de alto potencial
turístico. A súa situación privilexiada, limítrofe co Norte de Portugal e a
Comunidade de Castela León, fai que sexan a vía prioritaria de entrada a
Galicia para gran parte dos turistas que as visitan.
Cabe resaltar como recursos turísticos máis significativos: o
parque Natural Montes do Invernadeiro, de gran valor ambiental e paisaxístico, o Entroido,
un dos carnavais tradicionais máis singulares do mundo, a D.O. vitivinícola Monterrei,
augas mineiro medicinais, fortalezas como o Castelo de Monterrei,
etc. Sen esquecer a novidosa estrutura de cooperación transnacional que forma a
Eurocidade Verín Chaves.
O PCT traballa para aproveitar todas estas
circunstancias e facer deste territorio un destino turístico con personalidade
propia e capacidade para facer do turismo un motor económico.
Este plan desenvólveno a secretaría Xeneral de turismo do ministerio de industria, Turismo e Comercio, a Secretaría Xeral para ou Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, os 12 concellos do territorio (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós,Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso) integrados na Asociación de Municipios para o plan de Competitividade Turística das bisbarras de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios do Turismo e Hostalaría Portas de Galicia.
Recomendo
especialmente a todos a visita a estas bisbarras de Monterrei e Conso-Frieiras.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta