O tren da Ribeira Sacra-Valdeorras realiza seu percorrido partindo ás 9.40 horas da estación de Ourense e os viaxeiros chegan a esta mesma estación ás 20.58 horas, logo de pasar a xornada nas denominacións de orixe protexidas da Ribeira Sacra e Valdeorras. Logo da partida, o tren diríxese cara a Santo Estevo de Ribas de Sil, onde os viaxeiros poden facer unha travesía en catamarán desde o embarcadoiro de Santo Estevo polo encoro do mesmo nome. Máis tarde, desde Santo Estevo viaxan en tren ata a estación da Rúa-Petín, na comarca de Valdeorras.
No Concello da Rúa, está prevista á visita a unha adega adscrita á Denominación de Orixe Protexida Valdeorras, onde se desenvolve unha cata dos viños máis senlleiros da zona e unha pequena degustación de produtos gastronómicos locais. Logo do xantar, os viaxeiros diríxense en autobús cara o Santuario das Ermidas, no Concello do Bolo, e no traxecto poden coñecer a parte occidental da comarca ourensá de Valdeorras.
Tras volver á estación da Rúa-Petín, onde collen o tren de regreso a Ourense, os viaxeiros fan un alto na ruta para visitar a Aula do Ferrocarril, situada na estación dos Peares. Desde aquí, xa no tramo final da ruta, achéganse ata Ourense, onde remata a xornada.
Pódese consultar o calendario dos trens turísticos de Galicia na páxina web de Turismo de Galicia así como na da compañía ferroviaria RENFE, onde tamén se poderá reservar o billete. O prezo dos billetes é de 40 euros para os adultos e 10 euros apra os menores de 14 anos, para as viaxes dun día. Existen descontos para fins de semana e traslados desde outras cidades..
Galicia a todo tren:
Xunto aos tren turísticos de Galicia, o programa Galicia a todo tren inclúe outros produtos como o Train&Breakfast Camiño de Santiago que ofrece un modo diferente de facer a ruta combinando o traxecto por ferrocarril coas rutas a pé ou en bicicleta. Dada a elevada ocupación ampliouse o seu número de saídas. Outras opcións son o tren Al Andalus Camiño de Santiago, que ofrece unha oportunidade única de realizar a Ruta Xacobea a bordo dun tren de luxo e o Transcantábrico, o tren turístico máis veterano de España que ou ben dende San Sebastián, ou ben dende León, realiza un fabuloso percorrido ata a capital galega. Este programa complétase co Galicia Rail Pass, un bono especial para peregrinos e turistas que se achegan a nosa comunidade en trens de longo percorrido.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta