sábado, 20 de septiembre de 2014

Na Convención de Cargos Públicos do Partido Popular de Ourense.

Asisto hoxe en Os Miragres, Baños de Molgas a IV Convención de Cargos Públicos do Partido Popular de Ourense. 

Deu a benvida Pablo Pérez, secretario de Organización do PPOU,, e despois comezou a quenda de relatorios:

Susana Vázquez Dorado, alcaldesa de Porqueira, falóu de “A importancia da política no rural”. O voceiro do PP en Ribadavia, César Manuel Fernández Gil, falóu sobre “Ourense é Cultura”.

A presidenta do PP de Barbadás, Consuelo Vispo Seara, disertóu acerca de “O reto de presidir unha organización política”. Aconcelleira do PP en Ourense, Beatriz Tejada faloú de “A economía nos concellos, un factor clave”. E rematóu Argimiro Marnotes, alcalde do Carballiño, que falando de “O Termalismo, xerador de riqueza”.

Na clausura interviron tres persoas. En primeiro lugar o alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana Nóvoa.

Logo foi o turno do presidente provincial, Manuel Baltar, que sinalou que o traballo no PPOU é constante, independientemente da convocatoria ou non de eleccións, augurando que o éxito do PPOU será atronador nas Eleccións Municipais de 2015.

Explicou, que 554 concelleiros son os que ten o PP nos 92 municipios  e deu as  gracias a todos os cargos, simpatizantes, militantes e afiliados do PPOU polos recentes resultados electorais obtidos, onde Ourense foi a segunda provincia en apoio ao PP nas Eleccións Europeas.

Manuel Baltar abundou en que é a hora dos "Gobernos líderes e cooperadores". Sendo "cooperación" a palabra máxica en política: "Estamos ante o mellor momento para a política en maiúsculas. O emprego é o noso máximo obxectivo, con tódolos esforzos para invertir esta tendencia. O único interese que nos move é o interse xeral. Explicaremos o noso proxecto sen insultos e sen demagoxia. Outros din que poden; nós farémolo".

Pechou o acto o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de pechar a IV Convención de Cargos Públicos do PPOU. Sinalou que a súa presencia responde a tres factores: ser afiliado, representante público e ourensán. 

Recalcou que os políticos "somos empregados da xente que nos elexiu frente a outras opcións. E que cada catro anos renovan o seu aval ou non", de aí que sexa necesario o compromiso de defender o ben común, de ser dignos representantes e de defender a política. "Nós non vivimos da política para criticar aos políticas, senón que somos políticos para mellorar a política e dignificar as institucións con respeto, con propostas, con argumentos e con ideas".

Dixo que o recén estrenado curso político ten unha especial relevancia polo exame ao que se terán que someter os políticos que integran as administracións locais. Nunca antes a situación foi tan difícil, pero "sempre que hai dificultades serias, a xente elixe ao PP, o cal é unha honra pero tamén unha enorme responsabilidade". O PP é un partido de goberno, non unha mera lista electoral. Os cidadáns nos esixen máis que aos demáis, xa que espera máis de nós: máis coherencia, máis exemplaridade. E iso é unha honra". 

Por iso, ante as próximas eleccións, Feijóo pediu aos seus compañeiros de filas non entrar na competición de ver quen chama máis a atención por descualificacións ou estridencias; nin de ver quen é máis crítico; nin entrar na pelexa que teñen outros partidos por liderar unha oposición cada vez máis desfragmentada.  

Segundo Feijoo os populares deben ser os máis autocríticos, deben liderar coa xente un país unido e, en resumo, fronte a ingobernabilidade duns ou a experiencia do mal goberno doutros, deben ser goberno de todos os cidadáns. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta