Celebramos
esta mañá no Congreso unha reunión da Subcomisión de estudo e análise do
sistema ferroviario español na que compareceu Iñaki Barrón de Angoiti, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Director do Departamento de Viaxeiros, Alta Velocidade e Estacións da Unión Internacional de Ferrocarrís (UIC) e Presidente da
Comisión técnico-científica para o estudo de melloras no sector ferroviario,
creada por Orde Ministerial de 2 de agosto de 2013, que se constituíu coa
finalidade de asesorar ao Ministerio de Fomento sobre as posibles melloras a
implantar no sector ferroviario.
Presentou os datos relativos ao sector ferroviario español destacando a súa importancia, mesmo con liderado a nivel mundial, e que é tecnolóxicamente forte.
Presentou os datos relativos ao sector ferroviario español destacando a súa importancia, mesmo con liderado a nivel mundial, e que é tecnolóxicamente forte.
Dixo que o transporte ferroviario en España factura aproximadamente 2.150
millóns de euros ao ano e a industria 4.350 millóns de euros anuais, dos que 1. 850 son con destino ao territorio nacional e 2.500 millóns de euros,
aproximadamente, corresponden á exportación.
O sector ferroviario, pois, sen ter en conta a actividade dedicada á formación,
investigación, actividade lexislativa, etc., representa aproximadamente preto
de 6 500 millóns de euros anuais.
A industria do sector intégrana unhas 600 empresas, das cales para unhas 220 o
ferrocarril representa a súa actividade principal, e na que o 75% son PEMEs.
O emprego no sector representa na súa totalidade algo máis de 145 000 postos de
traballo, dos cales preto de 45 000 corresponden ás compañías ferroviarias e o
resto, uns 100 000 postos de traballo á industria, aos que habería que engadir
as cifras correspondentes á construción civil.
Mencionou
antes de entrar no detalle das recomendacións, a importancia que ten o
coñecemento das características principais do ferrocarril como modo de
transporte. Resumíndoas en tres:
- A palabra "ferrocarril" non é sinónima de "progreso",
senón de "capacidade". En efecto, o fe-rrocarril non é ideal para calquera
situación, como o foi hai xa moitas décadas, senón que debe utilizarse naquelas
circunstancias nas que realmente poida competir cos outros modos de transporte
de modo eficaz. Que a Sociedade perciba esta condición é esencial para poder
levar a cabo calquera planificación futura en materia de transporte.
- O ferrocarril é un sistema complexo, formado por numerosos elementos que
deben ser coherentes
entre si e coas características das prestacións esixidas e funcionar todos á
vez, de xeito satisfactorio e fiable. Polo tanto, no momento de debater sobre a
idoneidade dun determinado ferrocarril e eventualmente, de tomar decisións
sobre este, non se debería falar de liñas de ferrocarril ou de trens, senón de
servizos ferroviarios. A construción ou rexeneración dunha liña nunca debe ser
un obxectivo en si mesma, senón a consecuencia dunha decisión de prestar un
determinado servizo de transporte. O sistema ferrocarril debe ser compatible co resto
de modos que configuran o sistema de transporte, que é á súa vez outro sistema complexo.
- A vida útil da maioría dos elementos que compoñen un sistema ferroviario
adoita ser moi longa (adóitase medir en decenios), polo cal as decisións que se
toman en materia de ferrocarril
adoitan ter implicacións a longo e a moi longo prazo. Polo tanto, á hora de
tomar as devanditas decisións hase de considerar, coas naturais reservas, a
evolución previsible de todos e cada un dos elementos, das prestacións
requiridas, das necesidades da demanda.
Logo explicou as recomendacións que o informe considera de utilidade para
mellorar as condicións e características do sector ferroviario español.
Son as que figuran neste resumo executivo accesible na web do Ministerio de Fomento:
Foi unha interesante comparecencia na que os voceiros dos diferentes Grupos pudieron facer preguntas e valoracións.
Recibirá resposta
Recibirá resposta