viernes, 5 de septiembre de 2014

En Xinzo de Limia, no Congreso Local do Partido Popular

Asisto hoxe ao Congreso do Partido Popular de Xinzo de Limia

A única candidatura presentada, a encabezada por Antonio Pérez Rodríguez, acadou o 97,6% dos votos emitidos polos compromisarios que participaron neste proceso.

Perez comezou a súa intervención agradecendo "o intenso traballo que leva a cabo o PP de Xinzo de Limia todos e cada un dos días do ano. Un equipo unido de persoas, sempre sumando e traballando a prol do noso municipio. Tamén avanzou os retos de futuro marcados dende o PP local: "O noso máximo obxectivo é mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. E para eso é preciso a creación de emprego, punto de partido imprescindible para que redunde na mellora dos servizos". A mellora nas infraestruturas e posta en marcha de proxectos en colaboración co resto de administracións tamén foi un dos eixos do discurso do presidente local electo, do mesmo xeito que, en clave orgánica do partido, 

Recalcou a importancia de "manter a unidade dos nosos militantes e simpatizantes ao carón do PP, e fomentar a incorporación da xente nova á política, sobre todo reforzando as Novas Xeracións de Xinzo de Limia".

Trala intervención do presidente electo, tomou a palabra o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda Valenzuela, quen salientou a intensa actividade orgánica desenvolvida no PP de Ourense, con 53 congresos locais celebrados ata o día de hoxe.

Clausurou o Congreso o presidente provincial Manuel Baltar quen dixo que  "a capacidade de traballo do PP de Ourense baséase na cooperación, en estar ao carón da xente e en exercer a política con maiúsculas: a que da resposta ás necesidades e problemas dos cidadáns".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta