Onte en Soutomaior, ademaís do discurso do presidente
Rajoy, cabe salientar o pronunciado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo , que comezou facendo un “xusto” agradecemento a Mariano Rajoy pola súa
“actitude dialogante” con Galicia.
Recordou que o Goberno foi sensible coas reivindicacións
da Comunidade Autónoma. O foi co manteñemento dos partidos xudiciais, do mesmo
xeito que o foi aprazando en dez anos a devolución dos anticipos a conta froito
das malas presupuestacións de José Luis Rodríguez Zapatero en 2008 e 2009
Dixo Feijóo, que o actual Goberno de España é “consciente”
e “consecuente”. Consciente, posto que “sempre ten en conta o que se lle di
dende Galicia” e consecuente “co que cremos”. Ao fío do cal fixo un repaso de
promesas feitas por Rajoy en Soutomaior en citas anteriores.
Afirmou que “neste mesmo lugar dixemos que o AVE a Galicia
sería unha prioridade e hoxe podemos dicir que o presidente do Goberno está
cumprindo coas licitacións e as adxudicacións comprometidas”. Do mesmo xeito
lembrou a promesa de que “voltaría haber carga de traballo para os estaleiros”
e, afirmou, “hoxe están a construírse os dous floteis e hai novos pedidos
militares”. Así indicou que tamén fora alí onde se prometera que habería unha
rebaixa de impostos, e esa rebaixa fiscal está en marcha.
Aludindo á xestión de Mariano Rajoy ao fronte do Goberno
central, Feijóo apuntou que “sobran as palabras, porque falan con forza os
feitos”. Así, indicou algúns datos obxectivos que respaldan as súas verbas: o
paro está a nivel de 2011, a previsión de crecemento é constante, o déficit da
marxe para por en marcha medidas de impulso económico e os servizos públicos
pasaron de ter risco de quebra a estar saneados.
Ao fío disto, Feijóo apuntou que pese a “non estar
acadados o 100% dos obxectivos” pretendidos, “temos a seguridade de que o
camiño elixido é útil para seguir mellorando”.
Segundo indicou o presidente do PPdeG, os partidos da
oposición “seguen empeñados en cuestionar absolutamente todo”. Neste senso fixo
referencia a que “os que levaron a España ao fracaso económico e social din que
agora si saben facer as cousas ben”. De feito, engadiu que “hai incluso quen
nos di que teñen solucións para todo pese a non teren xestionado nunca nada”.
Feijóo cre que aínda que “poderíamos adicarnos a desmontar
as provocacións do fanfarrón de turno, a cidadanía non reclama un Goberno
respondón, senón un Goberno responsable”. Así, fixo fincapé en que, coma sempre
que veñen mal dadas en España, a cidadanía “elixiu ao PP para dirixir o seu
destino nos peores momentos”.
Para o popular, “a batalla é contra as dificultades que
impiden á xente atopar un emprego, e o noso obxectivo é garantir a fortaleza e
a estabilidade de España”. Ao entender de Feijóo, “todo sería máis fácil se o
resto de partidos, especialmente o PSOE, estiveran á altura das
circunstancias”.
Neste punto invitou ao principal partido da oposición a
non voltar entregarse aos partidos minoritarios para “defender os intereses da
maioría dos españois”, a cambiar as “ocurrencias” por falar en serio das
cousas, e a inspirarse no ideario que na Transición fixo deles un partido “imprescindible”,
e non nas tertulias de cada día. Indicou ademais que “sería moito máis fácil se
en lugar dun déjà vu de Zapatero nos deixaran ver algo máis parecido ao PSOE de
Felipe González”.
Feijóo aseverou que Galicia precisa un partido
responsable, coherente e con sentido de país. “O noso país precisa do Partido
Popular”. Así, indicou que os populares non poden dar “nin un paso atrás”
ocupándose do que lle preocupa a xente, loitando contra o déficit, apoiando aos
que peor o están pasando, defendendo a Sanidade Pública, a Educación Pública,
incrementando as prestacións sociais e incentivando o crecemento.
Do mesmo xeito invitou aos presentes a non dar “nin un
paso atrás dicindo que somos unha nacionalidade histórica que defende a unidade
de España”.
Por último apuntou que “contra un PP unido non hai forza
política que nos pare” e “contra un país unido non haberá dificultade que non
sexa posible superar”.
Sobre a reforma electoral, Feijóo apuntou de novo a
necesidade de que goberne a lista que máis votos teña nas eleccións municipais.
Ademais, recordou que o PP, nin improvisa nin inventa nada. Non improvisa
porque o propio dirixente popular recordou que leva defendendo esta idea dende
que é presidente do partido, cargo ao que accedeu hai máis de oito anos. Y non
inventa porque a proposta do Goberno ten precedentes no programa
electoral do PSOE de 2004 e nas súas propostas lexislativas de 1998. Polo que,
afirmou, “espero que ninguén se desdiga”.
Neste senso, invitou aos partidos da oposición a que se
esforcen menos en rebelarse contra algo tan democrático como é que quen gane
goberne, e se esforcen algo máis en gañar a confianza maioritaria dos cidadáns.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta