Os plans do Ministerio de Fomento leváronse a parte fundamental da entrevista. Neste sentido, manifestei que seguen a bo ritmo as obras da AVE correspondentes ao tramo Olmedo-Ourense, que se aceleran os traballos para a chegada da AVE a Zamora e que se constatan os avances nos traballos que se levan a cabo nas zonas de A Gudiña, Vilariño de Conso, Cerdedelo ou Campobecerros.
Sobre estradas, informei que están previstos avances na A-76 Ourense-Ponferrada, xa que está previsto que neste ano 2014 teña lugar a licitación dos dous primeiros tramos, un dos cales (A Veiga de Cascallá-O Barco) está na provincia de Ourense.
En canto á autovía A-56 (Ourense-Lugo), adiantei que o proxecto de Presupostos Xerais do Estado para 2015 que entrará no Congreso o próximo martes incluirá "unha partida significativa" do Ministerio que dirixe Ana Pastor para a reanudación das obras no tramo A Barrela-San Martiño, paralizadas dende o ano 2010. Resaltei como nesta cuestión tivo importancia a implicación persoal da ministra, que mostrouse sensible ás voces e xestións realizadas para acreditar a necesidade de continuar esta infraestrutura.
Neste sentido, o presidente da CEO congratulouse da noticia, ao considerar que se trata dunha iniciativa á que os empresarios de Ourense e Lugo conceden grande importancia, xa que "permitirá conectar o sur de Galicia co norte a través do interior, e á súa vez enlazar co corredor do Cantábrico cara a Francia, e viceversa, con importantes beneficios para ambas as dúas provincias".
Tamén trasladei ao responsable da Confederación de Empresarios as actuacións doutros departamentos, como o Ministerio de Medio Ambientee, que continuarán en 2015, e que basicamente están referidas a obras de saneamento e infraestruturas hidráulicas, entre as que destaca a estación depuradora de Reza. En canto a investimentos do Ministerio de Cultura, apuntei o bo ritmo nas obras da Biblioteca e o Arquivo en San Francisco.
Finalmente, dialogamos sobre a conxuntura económica actual e as decisións adoptadas polo Goberno, entre outras a reforma fiscal que se tramita actualmente no Congreso, así como sobre a situación xeral das pequenas e medianas empresas. Neste sentido Pérez Canal sinalou a importancia de poñer en marcha iniciativas que incentiven a actividade económica para consolidar e intensificar o ritmo da recuperación económica que está a empezar a andar.