Asisto hoxe na sede do Ministerio de Economía ao acto de toma de
posesión do novo secretario de Estado de Economía, Íñigo Fernández de
Mesa, da secretaria xeral do Tesouro, Rosa María
Sánchez-Yebra, e da presidenta do Instituto de Crédito Oficial (ICO), Irene
Garrido, entre outros altos cargos.
Asistiron numerosas autoridades,
entre elas o Presidente do Congreso e os Ministros de Facenda e Administracións Públicas e de Industria, Enerxía e Turismo, e tamén un nutrido grupo de deputados do PP no
Congreso, encabezados polo voceiro Alfonso Alonso.
A maioría por suposto dos parlamentarios eramos galegos pois quixemos acompañar neste día á que foi ata o luns, a nosa compañeira, a deputada viguesa Irene Garrido, voceira adxunta na Comnisión de Economía que agora se fai cargo da presidencia do ICO.
Tamén tomou posesión nese acto a nova secretaria xeral do Tesouro, Rosa María Sánchez-Yebra, nacida en Ourense. É Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Dirección e Administración de Empresas polo Instituto de Empresa. Pertence aos Corpos de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado, e da Oficina
Presidiu o acto o ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, que destacou na súa intervención a "velocidade de cruceiro" que está a rexistrar a economía española, cunha taxa de crecemento anual de arredor do 2%, aínda que incidiu en que o máis importante agora é consolidar a recuperación do PIB en Europa.
Valorou o "comportamento diferencial" da nosa economía fronte ao estancamento do PIB na eurozona afirmando que o crecemento de España no primeiro semestre axudou a que a zona euro non entrase en recesión.
De Guindos mostrouse optimista ante o dato do PIB do terceiro trimestre do ano e indicou que, aínda que falta o mes de setembro, todos os indicadores apuntan a que será unha cifra positiva.
Concluíu afirmando que o máis importante é consolidar a recuperación en Europa porque "España fai a súa achega, pero tamén depende de Europa".
Recibirá resposta