Acudo hoxe como invitado ao Congreso Local do PP de
Carballiño, no que a única candidatura que se presentou foi a encabezada por
Argimiro Marnotes Fernández, que acadou o 97,73% de apoio dos compromisarios
que depositaron os seus votos no proceso electoral.
Durante a súa intervención, o recén elixido presidente local agradeceu a todos os asistentes o apoio amosado cara a candidatura que preside. De feito, avanzou que a nova Xunta Local do PP de O Carballiño está integrada por 48 persoas, "un equipo amplo e heteroxéneo onde aunamos diferentes perspectivas, inquedanzas e sensibilidades, co cal abarcamos un certero reflexo do que precisa a cidadanía desta vila".
Tamén lembrou, que a primeira vez que presidiu o PP
local, en 2010, "tamén constituimos un equipo amplo e fumos encadenando
victorias electorais en todos e cada un dos procesos aos que concurrimos".
Por iso mesmo, o obxectivo a curto prazo "é seguir traballando en facer
partido, fortalecer o noso equipo e apuntalar a nosa hexemonía no que a preferencias
políticas dos cidadáns de O Carballiño se refire".
Neste senso tamén se pronunciou o secretario xeral do PP
de Galicia, Alfonso Rueda, quen agradeceu o intenso traballo que realizan os
populares da Vila do Arenteiro.
Xa no discurso de clausura do Congreso Local de O
Carballiño, o presidente provincial dos populares ourensáns, Manuel Baltar,
destacou a fortaleza do PP a nivel local presidido por Argimiro Marnotes e
recalcou que "o PP é unha garantía de éxito para acadar melloras na
calidade de vida no Carballiño, onde a cooperación, o traballo, a xestión e as
ideas son o básico deste proxecto".
Recibirá resposta
Recibirá resposta