Hoxe
no faladoiro de Radio Voz, que dirixe antía Díaz Leal, dedicamos a maior parte do noso tempo a valorar a
celebración en Cataluña da Diada.
Sobre o tema dixen que a Diada debe ser de todos, o Día da cordura e da bandeira. Non debe ser a festa do separatismo, nin para recordar as horas tráxicas e as divisións civís, senón o espírito de concordia e reconstrución posterior.
Sobre o tema dixen que a Diada debe ser de todos, o Día da cordura e da bandeira. Non debe ser a festa do separatismo, nin para recordar as horas tráxicas e as divisións civís, senón o espírito de concordia e reconstrución posterior.
Destaquei que Cataluña é unha comunidade plural e que os cataláns son xente confiable, respectuosa dos pactos e do valor da palabra con espírito construtivo, leal e dialogante. Un país de xente traballadora, honrada, tenaz, cumpridora, creativa, vangardista e responsable, que forma parte indisoluble dunha España que non se entende sen eles.
E que non é admisible que haxa gobernantes que ameacen con incumprir a lei ou que ameacen mesmo con facer unha declaración unilateral de independencia. Advertín que iso poñería en risco a recuperación económica. Citei as palabras de onte do Presidente Rajoy cando dixo que "Cataluña está a crecer, está a crear emprego, e estamos encantados de que sexa así porque iso é bo para os cataláns e para o conxunto de todos os españois; e iso é produto do esforzo de todos, dos cidadáns de Cataluña, do conxunto dos cidadáns españois, dalgunhas cousas positivas que fixo tamén o Goberno de Cataluña, e dende logo da política económica que levaron a cabo o Goberno español e este Parlamento, que sen dúbida ningunha está a beneficiar a recuperación en Cataluña como no resto de España. Se queren vostedes que non haxa problemas, o que teñen que facer é dicir: Non imos convocar un referendo ilegal. E xa verá vostede como non haberá entón ningún problema en ningún mercado."
Afirmei
que unha Lei de Consultas do Parlament
non avalaría o referendo ilegal proposto por Artur Mas. E reiterei as palabras da
Vicepresidenta do Goberno de España, de que "todos os cidadáns deben saber que
se pode confiar na lei, no Estado de Dereito e nas institucións. E ter a
garantía de que non haberá un referendo secesionista en Cataluña que vaia
contra lei, sen que iso supoña que non se poida dialogar dentro da lei".
Recibirá resposta