jueves, 4 de septiembre de 2014

Ourense supera os cen mil afiliados á Seguridade Social

Este martes coñeciamos os datos de afiliación do mes de agosto publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que paso a comentar:

Ourense:

Finalizou o mes de agosto en Ourense cunha afiliación media de 100.203, ao incrementarse en 1.082 (+1,09%) con respecto ao mes anterior. 

Despois de moitos meses, Ourense supera o umbral dos 100.000 afiliados.

En canto á taxa interanual de afiliación media na provincia de Ourense tamén sobe un 1%, ao incrementarse en 988 os afiliados á Seguridade Social respecto a agosto de 2013.

Por réximes, de media en agosto había en Ourense 74.136 afiliados ao Xeneral e 26.067 ao de autónomos.

Galicia:

A Seguridade Social gañou 5.550 afiliados en agosto en Galicia con respecto ao mes anterior, o que supón un incremento do 0,59% e se situou nunha media de 941.638 cotizantes.

En canto á taxa interanual de afiliación media na Comunidade tamén sobe un 1,13%, ao incrementarse en 10.547 afiliados á Seguridade Social respecto a agosto de 2013. Por provincias, o maior aumento interanual tivo lugar na Coruña, con 5.395 afiliados máis (+1,37%); seguida por Pontevedra, con 3.180 máis (0,99%); Ourense, cun crecemento de 988 (+1%); e Lugo, ao incrementarse en 984 e 0,84%.

Por réximes, de media en agosto había en Galicia 702.380 afiliados ao Xeral, 217.605 ao de autónomos e 21.653 ao de Mar.

España:

A afiliación media á Seguridade Social de agosto quedou sitúada en 16. 649.521 personass, o que supón un descenso de 97.582 persoas (-0,58%),en un mes historicamente marcado pola mingua da afiliación, circunstancia que se repite dende 1990.

A variación mensual deste exercicio é a menor dende 2005 (-0,50%). En relación a 2013, o Sistema incorpora afiliados por sétimo mes consecutivo: hai 321.833 máis que hai un ano, o que se traduce nunha
crecemento da afiliación do 1,97%, a máis elevada en oitenta meses (dende xaneiro de 2008). Así mesmo, non se rexistraba un incremento interanual da afiliación en agosto dende 2007.


O resultado da afiliación no último mes é o previsible, pois a estacionalidade opera en agosto fortemente no sistema con independencia da conxuntura económica xeral.

No que vai de ano (ata agosto) o Sistema gañou 291.880 afiliados, fronte aos 114.994 que perdía no mesmo período de 2013.

A afiliación ao Réxime Xeral descendeu o mes pasado en 88.034 (-0,65%), principalmente no sector de Educación, que explica máis da metade da mingua de afiliación.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta