Coñecemos hoxe a enquisa
Frontur - Movementos Turísticos en Fronteira- que elabora a
Subdirección Xeral de Coñecemento e Estudos Turísticos do Ministerio de
Industria, Enerxía e Turismo.
Así sabemos que España recibiu a cifra récord de 45,4
millóns de turistas internacionais entre xaneiro e agosto, logrando un
crecemento do 7,3% respecto aos primeiros oito meses de 2013.
Reino Unido, Alemaña e especialmente Francia foron os
principais mercados emisores do período xaneiro-agosto. En termos relativos,
todas as comunidades presentaron incrementos interanuais, sendo a de Canarias
(11,9%) e a da Comunidade Madrid (8,8%) os máis altos.
En agosto, por primeira vez nun mesmo mes, España recibiu
9.070.024 turistas internacionais, cunha variación interanual do 8,8%, o que
significa marcar un novo máximo histórico na serie FRONTUR.
Ese mes, o Reino Unido mantívose como primeiro emisor cara a
España, con 2.136.879 turistas; Francia foi o segundo, con 1.981.643 turistas,
e Alemaña foi o terceiro emisor, con 1.290.777 turistas. Estados Unidos cun
incremento do 35,4%, Portugal, do 24,4% e Italia, do 15,5%, foron os emisores
que experimentaron as maiores subas.
Cataluña foi a comunidade que recibiu máis turistas no mes,
2.411.942, cun incremento do 7,5%, seguida de Baleares, con 2.193.677 turistas,
un 6,2% máis, e de Andalucía, con 1.186.226 turistas e unha suba do 5,6%. No
mes os maiores incrementos foron os da Comunidade de Madrid, un 19,1%, e
Canarias, un 12,4%.
En agosto, en Galicia rexistrouse un incremento no volume de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros do 8,4% ata situarse nos 626.265 viaxeiros. A cifra de pernoitas subiu un 3,7% e alcanzou o 1.334.309. Este incremento dos volumes de demanda sitúa o nivel de viaxeiros aloxados de agosto deste ano en máximo histórico na Comunidade galega, nunca antes se superara da cifra de 600.000 viaxeiros en agosto.

Recibirá resposta