Esta mañá tivemos no Pleno do
Congreso un interesante debate de totalidade do proxecto de lei de Mutuas da
Seguridade Social, que defendeu a ministra de Emprego e Seguridade Social Fátima Báñez, que
afirmou que se trata dunha reforma pensada para os potenciais traballadores que
poden verse afectados por unha incapacidade temporal -case 15 millóns- e que
van verse beneficiados por unha mellor atención, diagnóstico e tratamento, e
unha simplificación dos procesos.
Dixo que esta Lei permitirá que gañen en calidade, utilidade e eficiencia un conxunto de prestacións e non só a incapacidade temporal. "Simplificará trámites e reforzará os controis e a fiscalización dos recursos públicos", engadiu Fátima Báñez.
A ministra destacou tamén na Cámara Baixa o intenso proceso de diálogo cos axentes sociais e outros colectivos que fixo posibles alcanzar o consenso no proxecto de Lei de Mutuas.
Nesta liña explicou que "as Mutuas poden facer máis no labor de adaptación dos postos de traballo a persoas que tiveron unha minusvalidez sobrevida como consecuencia dun accidente de traballo ou unha enfermidade, e este Proxecto abre esa posibilidade, cuestión que naceu do diálogo co sector da minusvalidez".
O proxecto de lei, segundo dixo Fátima Báñez, volve establecer un límite á reserva das mutuas, o que significa que estás non crezan indefinidamente e poidan destinarse os excedentes a nutrir os diferentes fondos da Seguridade Social. "A reforma tamén permitirá determinar novos fondos excedentarios, como por exemplo ás actividades do I+D+i, tanto a favor de melloras en tratamentos terapéuticos e rehabilitadores de patoloxías orixinadas por accidentes de traballo como para o apoio na recolocación das persoas con minusvalidez", matizou Báñez.
Tras o debate, foron rexeitadas
con 124 votos a favor, 173 en contra e 14 abstencións, as emendas de totalidade
ao Proxecto de Lei pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeneral da
Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e
Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta