Informa hoxe o Instituto
Nacional de Estatística (INE),
que a taxa anual do Índice de Prezos de Consumo (IPC) xeneral no mes de setembro é do
-0,2%, tres décimas por enriba da rexistrada en agosto(-0,5%)
A inflación aumentou no
mes de setembro debido á evolución dos prezos das súas partidas máis volátiles,
mentres que a inflación subxacente se reduciu lixeiramente.
O Ministerio de Economía espera
que nos próximos meses a inflación siga esta evolución lixeiramente ascendente
e peche o ano en niveis moderados aínda que positivos. A contención dos prezos
incide favorablemente sobre a mellora do poder adquisitivo das rendas e no
aumento do consumo. Igualmente, facilita as ganancias de competitividade da
economía española, co conseguinte impacto positivo sobre a recuperación da
produción e o emprego.
Das 17 comunidades
autónomas, seis rexistraron en setembro unha taxa de inflación interanual
superior á media nacional: Illas Baleares (0,3%), Cataluña, La Rioja e País Vasco
(0,1%), Galicia (0%) e Madrid (-0,1%). Aragón e a Comunidade Valenciana
presentan a mesma inflación que a media nacional (-0,2%), e o resto de
comunidades presentan taxas inferiores á media nacional: Andalucía, Cantabria,
Castela e León, a rexión de Murcia e Navarra (-0,3%); Asturias e Extremadura (-0,4%).
As menos inflacionistas foron Castela-A Mancha (-0,6%) e Canarias (-0,8%)
O INE publicou así mesmo o IPC harmonizado (IPCA) de setembro, cuxa taxa anual se sitúa no -0,3%, dúas décimas superior á do mes anterior. Se se compara esta taxa coa estimada por Eurostat para o conxunto da zona euro (0,3%), o diferencial de inflación continúa sendo favorable a España, 0,6 puntos porcentuais, tres décimas inferior ao do mes de agosto.
Recibirá resposta