Viaxei esta mañá a Ribadavia, para asistir no Centro Comarcal de O Ribeiro á presentación de candidatos do Partido Popular de Ourense ás Eleccións
Municipais correspondentes á Xunta Local de zona deste partido xudicial.
Unhas importantes eleccións que terán lugar o vindeiro 24 de
maio de 2015, e dicir dentro de 225 días.
Abriu o acto o presidente do PP local e
voceiro municipal en Ribadavia, César Fernández Gil. Seguidamente sucedéronse
as intervencións do secretario xeral do PP de OU, Rosendo Fernández, e do
membro do Comité Executivo do PP de G, Jesús Vázquez Abad.
Pechou o acto o
presidente provincial, Manuel Baltar, quen se referiu aos candidatos populares
como "uns alcaldes e portavoces municipais que saben o qué ter o respaldo
maioritario dos veciños e veciñas", e aos que convidú a traballar co fin
de acadar a confianza do electorado.
Os candidatos presentados foron os seguintes:
-A Arnoia: José Camilo Fariñas Viso. É o actual alcalde do municipio dende
2009.
-Avión: Antonio Montero Fernández. É alcalde dende o ano
2005.
-Beade: Senén Pousa Soto. É alcalde deste municipio dende 1974.
-Carballeda de Avia: Lorenzo González Rodríguez. É concelleiro dende 2007.
-Castrelo de Miño: Avelino Pazos Pérez. É concelleiro dende 2011.
-Cenlle: Gabriel Alén Castro. É alcalde dende 2011.
-Leiro: Francisco José Fernández Pérez. É alcalde dende 1995.
-Entidade Menor de Berán: É a súa primeira incursión en política.
-Melón: María Cristina Francisco Vílchez: É alcaldesa dende o ano 2011.
-Ribadavia: César Manuel Fernández Gil : É concelleiro e voceiro en
Ribadavia dende 2011.
Moita sorte a todos eles.
Recibirá resposta