Onte asistín a unha visita institucional ao Salón do Vehículo de Ocasión que organiza Expourense coa colaboración da Asociación de
Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. e que rematará o domingo.
Puiden comprobar como os expositores presentan unha oferta
completa de vehículos de Ocasión, un concepto no que entran os coches de kilómetro
cero, seminovo, de xerencia, substitución, mostra ou segunda man.
Á hora de mercar un coche de ocasión, dende A.C.A.U.T.O.
recomendan acudir a profesionais, xa que estes ofrecen unas garantías
inexistentes nas transaccións entre particulares. Por Lei, hai que
ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esa
garantía ata dous anos ou máis no caso dos vehículos seminovos (de 0 a 3 anos).
Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que
se encarga o profesional.
Poden atoparse vehículos dende 2.900 euros, aínda que o
“vehículo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un
coche que ronda os 11.000 euros e que conta con sobre tres anos de antigüidade.
Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión,
incluíndo tamén as compras entre particulares.
Os mesus desexos de que este salón se converta nunha boa
oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo, e que os expositores
pechen a venta de numerosos vehículos.
Recibirá resposta