O Servizo
Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de
setembro de 2014.
Son os
seguintes:
OURENSE:
Baixa o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 87
persoas, un – 0,34 %.
O número de parados queda en 25.317, deles 11.604 son homes e 13.713 mulleres,
23.730 son maiores de 25 anos e 1.587 menores.
Por sectores,
1.002 son da agricultura, 3.519 da industria, 3.296 da construción, 15.141
nos servizos e 2.359 do colectivo sen emprego anterior.
Con respecto
ao mes de setembro de 2013, o paro baixa en Ourense en 2.827 persoas, un –
10,04 %. Unha baixada superior a nacional que é do - 5,86 %.
GALICIA:
Sube o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 1.264
persoas, un 0,53 %.
O número de parados queda en 238.203, deles 111.270 son homes e 126.933
mulleres, 224.305 son maiores de 25 anos e 13.898 menores.
Por sectores,
7.367 son da agricultura, 32.625 da industria, 31.405 da construción, 143.210
nos servizos e 20.596 do colectivo sen emprego anterior.
Con respecto
ao mes de setembro de 2013, o paro baixa en Galicia en 22.530 persoas, un –
8,64 %. Unha baixada superior a nacional que é do - 5,86 %.
Aínda que se rexistra un aumento do desemprego - como é habitual
nos meses de setembro (pola súa estacionalidade) - trátase
da décimo primeira baixada interanual consecutiva de paro –isto é, levamos case
un ano rexistrando descensos- e a maior de todas elas. Isto confirma a mellora
progresiva no comportamento do paro iniciada a finais do ano pasado.
Ademais
trátase, igualmente, do mellor comportamento interanual nun mes de setembro de
toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde
1996), e se falamos en termos relativos, desde 1999.
O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego aumentou en 19.720 persoas en setembro. Desta forma, o paro rexistrado situouse en setembro en 4.447.650 persoas.
Trátase do menor incremento rexistrado en setembro dende o ano 2007. Nos últimos seis anos, o paro rexistrado aumentara por termo medio nos meses de setembro en máis de 70.000 persoas.
En termos desestacionalizados, o paro rexistrado baixou en 33.127 persoas, o que supón o mellor dato nun mes de setembro de toda a serie histórica que se inicia en 1996.
Durante os últimos doce meses, o paro reduciuse en 276.705 persoas, o que sitúa a taxa interanual no -5,86%. Pola súa banda, a redución acumulada do paro rexistrado durante os nove primeiros meses do ano, 253.688 persoas, é a maior dende 1.998.
O paro rexistrado baixa en 6 Comunidades Autónomas, encabezadas por Castela-A Mancha (-10.056), La Rioja (-1.303. Sobe, pola contra, en 11, encabezadas por Andalucía (10.665) e Cataluña (4.196).
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado presenta as seguintes variacións respecto a agosto: en Agricultura redúcese en 14.856 (-6,94%); en Industria baixa en 6.720 (-1,46%); en Construción redúcese en 11.614 (-2,07%); en Servizos sobe en 41.608 (1,48%). Por último, o colectivo Sen Empreo Anterior increméntase en 11.302 persoas (2,99%).
Recibirá resposta