martes, 7 de octubre de 2014

PXE 2015: Coñecendo os presupostos para o transporte terrestre, marítimo e aéreo

Esta mañá presidín a Comisión de Fomento na que tivo lugar a presentación do proxecto de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2015 relativo ás actuacións do ámbito competencial da Secretaría Xeral de Transporte e da Entidade Pública Empresarial Enaire.

A Secretaría Xeral de Transporte, Carmen Librero, interveu en primeiro lugar na súa condición de responsable da ordenación xeral do transporte terrestre, marítimo e aéreo de competencia estatal.

Explicou que o presuposto da súa Secretaría xeral responde ao obxectivo de garantir a correcta prestación dos servizos de transporte, de forma que se asegure a mobilidade de viaxeiros e mercadorías.

Ás subvencións ao transporte, o Ministerio destinará en 2015 un total de 419,38 M€, incluíndo as bonificacións a residentes en territorios non peninsulares, as bonificacións a familias numerosas, as subvencións ao transporte de mercadorías con orixe ou destino Baleares e/ou Canarias e as autoestradas do mar.

Obrigas de Servizo Público:

As Obrigas de Servizo Público (OSP) son as obrigas específicas que poden impoñer os poderes públicos ao provedor dun servizo de transporte co fin de garantir a consecución de certos obxectivos de interese público, nos casos nos que o mercado, por si mesmo non os poida cubrir. Como contrapartida, o operador pode recibir unha compensación económica ou o dereito en exclusividade á prestación do servizo, ou ambos os dous, con certas diferenzas xurídicas entre a normativa específica de cada modo de transporte.

O Ministerio de Fomento vai destinar en 2015 un total de 628,1 M€ para facer fronte a obrigas de servizo público nas súas distintas modalidades, incluíndo:

- As compensacións a Renfe polas perdas dos servizos de proximidades e media distancia.

- Os contratos aéreos de rutas con obrigas de servizo público 

- E os contratos de navegación de interese público.

No caso de Renfe, o Ministerio de Fomento vai destinar un total de 608,7 M€, é a compensación a RENFE-Operadora pola prestación dos servizos de transporte público de viaxeiros por ferrocarril, sometidos a Obrigas de Servizo Público, en: 

- os 12 núcleos de Cercanías, cuxos servizos son utilizados anualmente por máis de 400 millóns de usuarios 
- os servizos de Media Distancia. 
- os servizos da rede de Ancho Métrico, que son os que eran antes prestados por Feve
- E os servizos Avant, que son servizos rexionais prestados sobre a rede de alta velocidade.

Esta partida inclúe, por unha parte, 501,45 millóns de euros en concepto de compensación polos servizos declarados obrigas de servizo público de competencia estatal, prestados por RENFE en 2014 e a partida para compensar a RENFE-Operadora polos servizos prestados á Generalitat de Cataluña baixo a consideración de Obriga de Servizo Público no exercicio 2014, que ascenden 107,26 millóns de euros.

Seguridade Aérea:

Informou que a Axencia Estatal de Seguridade Aérea actúa como órgano supervisor, e polo tanto conta con potestade inspectora e sancionadora en materia de aviación civil, ao ao que competen, entre outras, a iniciativa para a aprobación da normativa reguladora nos ámbitos da seguridade aérea e a protección do usuario do transporte aéreo, e a súa posterior elevación aos órganos competentes do Ministerio de Fomento, así como a avaliación de riscos en materia de seguridade da aviación civil.

O presuposto de Aesa increméntase dende os 61 millóns de euros que tiña en 2014 ata os máis de 66 millóns (66,07 M€) previstos para 2015.

Dixo que no pasado mes de agosto de 2014 os aeroportos da rede de Aena SA volveron rexistrar, por décimo mes consecutivo, positivos incrementos de actividade, alcanzando a cifra de 22.914.092 pasaxeiros, o que representa un 6,2% máis que en agosto de 2013. Desta cifra 16.678.874 pasaxeiros son internacionais, o que supón un aumento do 6,5%.

Salvamento marítimo e loita contra a contaminación:

Informou sobre as funcións principais de SASEMAR: O salvamento da vida humana no mar; a prevención e loita contra a contaminación do medio mariño, a prestación dos servizos de seguimento e axuda ao tráfico marítimo, de seguridade marítima e a navegación, de remolque e asistencia a buques, así como a daqueles complementarios dos anteriores. Sasemar vai contar no ano 2015 cunha achega do Ministerio de Fomento que ascende a 140 M€.

Datos de tráfico:

Expuxo tamén o escenario actual do transporte aéreo e a evolución do tráfico aéreo.

Destacou que no mes de agosto o aeroporto con maior tráfico de pasaxeiros foi Barcelona-El Prat con 4.243.968 usuarios, a cifra mensual máis alta da historia do devandito aeroporto, cun incremento do 8,6% con respecto ao mesmo período do ano anterior. En segundo lugar por número de pasaxeiros situouse o Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, polo que pasaron 3.990.993 pasaxeiros, o cal representa unha suba do 5%.

Tamén os tres aeroportos galegos, un mes máis, crecen en tráfico de pasaxeiros. Así, Santiago logrou 236.488, un 1,4% máis; A Coruña, 91.850, un 15,9% máis, e Vigo, 69.753, un 2,2% máis.

Afirmou que estes datos ratifican neste 2014 a tendencia de recuperación e crecemento de pasaxeiros nos nosos aeroportos, que no seu conxunto levan acumulados dende xaneiro ata agosto a máis de 133 millóns de pasaxeiros totais, cun crecemento con respecto ao mesmo período do ano previo dun 4,5%.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta