Na Comisión de Presupostos
do Congreso dos Deputados, que preside Alfonso Guerra, e no contexto do debate
parlamentario dos PXE
para 2015, compareceu esta mañá, a presidenta do Instituto de Crédito Oficial (ICO), a ex deputada
viguesa, Irene Garrido.
Na súa intervención afirmou que o lanzamento por parte do organismo que preside do Fondo de fondos FondICO Global serviu para revitalizar o sector do capital risco en España e deu un dato sumamente alentador, e é que só nas súas dúas primeiras adxudicacións, FondICO Global inxectou 437 M€ que, co efecto multiplicador sobre outros investidores, supoñerá obter uns compromisos de investimento en España totais de 1.325 millóns de Euros.
Trátase dun dato moi positivo, xa que os últimos cinco anos, todo o sector capital risco obtiña de media uns 400 millóns ao ano, polo que os 1.325 logrados en só sete meses permite falar de boas expectativas.
Ás miñas preguntas, Garrido manifestou,
en relación ao fluxo do novo préstamo a PYMEs, que este pasou dunha "cota
de mercado" de ICO
do 9,2% en 2011 ao 15,5% no que levamos de 2014 e resaltou que en só doce
meses, de setembro a setembro, se concederon créditos a pemes por valor de
21.200 millóns de euros, o que supón todo un récord histórico.
Irene Garrido aclarou que produciu un forte dinamismo da actividade de mediación que dende abril de 2013 e ten destacou a gran capilaridade dos créditos ICO, que se dirixen, maioritariamente, a autónomos e empresas de pequeno tamaño. Dixo que, "os volumes de actividade do ICO se reparten maioritariamente mediante préstamos de importe baixo. Os préstamos ICO distribúense de xeito capilar por todo o universo de PEME e autónomos grazas a que a mediación é un excelente exemplo de colaboración público-privada polo que as liñas ICO se distribúen por toda a rede de sucursais das entidades financeiras que operan en banca minorista en España".
En nome do GPP intereseime por saber que achegou o ICO á actividade exportadora das pemes, toda vez que a exportación se está a demostrar como factor clave para a recuperación económica do país. Neste sentido, Irene Garrido explicou que "no acumulado do ano, o volume de actividade de internacionalización xa case triplicou a cifra de peche de 2013, marcando un novo máximo con 3.406 millóns de €”
Finalmente destacou o
elevado dinamismo da liña de financiamento para o desconto de facturas na
actividade exportadora (828% interanual acumulado) e para a
internacionalización (101% interanual acumulado).
Unha excelente
intervención da nova presidenta do ICO que apenas leva un mes no cargo e que
estamos seguros terá un gran éxito de xestión a fronte desta Axencia
financieira do Estado.