miércoles, 1 de octubre de 2014

PXE 2015: Rolda de prensa na sede do PP de Ourense

Nesta mañá tivo lugar na sede do Partido Popular de Ourense unha rolda de prensa do presidente provincial, Manuel Baltar, e o deputado titular deste blog na que valoramos o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado presentado onte en Madrid. 

Ambos destacamos que neles mantense o compromiso do Executivo que preside Mariano Rajoy coa provincia de Ourense, que recibirá un investimento do Estado de 643,3 millóns de euros (27,5 millóns corresponden aos ministerios e 616,05 ás sociedades). Esta cifra é superior á do ano pasado, cando o investimento consignado foi de 610,89 millóns.

Manuel Baltar manifestou a súa plena satisfaccion coas cifras das partidas consignadas para a provincia de Ourense, con 32 millóns de euros máis que en 2014. “Son uns Orzamentos con nomes e apelidos que contribúen a poñer en valor os proxectos propios de Ourense”.  Tamén quixo agradecer o presidente provincial “o esforzo inversor do Executivo de Mariano Rajoy nos momentos difíciles, tendo en conta que contemplan baixada impostos. Se esta cumplindo con Galicia e con Ourense”. E concluiu agradecendome e aos demáis deputados por Ourense as constantes reunións de traballo para acadar as partidas que redunden nas respostas ás reclamacións da provincia.

Pola miña parte destaquei que un ano máis o ministerio máis inversor na provincia será Fomento, dirixido por Ana Pastor. “Fomento evidencia o seu compromiso ineludible con Ourense, cun esforzo persoal de Ana Pastor. É un feito claro que recibimos o tratamento que merecemos, un forte apoio”. 


O investimento conxunto do grupo Fomento ascende a 605 millóns de euros na provincia de Ourense (un 2,4% máis que o ano pasado) e dentro dela hai que subliñar os investimentos en Alta Velocidade para a liña Lubián-Ourense, para a que se consignan 578,16 millóns de euros dentro da partida de Adif alta velocidade. Adif tamén dedica á rede convencional de ferrocarrís na provincia un total de 2,09 millóns de euros, mentres que Renfe investirá 2,02 millóns de euros máis en distintas actuacións.

Tamén mostreime satisfeito polo feito de que Ourense sexa a provincia española que maior investimento de Fomento recibe en ferrocarrís, 593,99 millóns de euros, un 448,7% por encima da media nacional. “Ourense é a primeira provincia de España en investimento en materia de ferrocarril: 1856 € per capita”, recalcou Delgado.

En materia de estradas, hai 5,7 millóns destinados a conservación e 1,8 a seguridade vial. SEITSA inclúe tamén 1,7 millóns máis para rehabilitación e reparación de firmes na A-52 e noutras vías. Os investimentos en estradas permiten relanzar proxectos importantes na provincia.

 A A-76 Ourense-Ponferrada recibe, para a redacción dos proxectos do tramo A Veiga de Cascallá-Ou Barco Este, a cantidade de 303, 67 millóns e os PGE inclúen, por primeira vez, unha partida de 60.000 euros para outro tamo desta autovía, o Requejo-A Veiga de Cascallá. Mencionei que esta mesma autovía, na provincia de León, tamén ten consignada unha partida de 543.000 euros.

Os PGE do 2015 inclúen tamén 300.000 euros para os tres tramos ourensanos da A-56 (Ourense-Guntín) e como gran novidade hai unha partida de 5 millóns de euros para o tramo San Martiño-Barrela Norte, na provincia de Lugo pero moi preto de Ourense, que permitirá retomar as obras desta infraestructura paralizadas desde o 2010. 

Para o enlace da Rúa coa N-120 figuran 705.000 euros nos PGE e para a circunvalación de O Barco hai 300.000 máis.

Dixen  que a Dirección Xeral de Arquitectura inclúe tamén 205.000 euros para a Praza de Abastos da Ponte.


Informei que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte investirá en Ourense 6,15 millóns de euros dos que 3 millóns son para a Biblioteca do Estado, 3 millóns para o Arquivo Histórico Provincial e 150 mil para o Museo Arqueolóxico.

Tamén subliñei que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente adica un importante investimento á provincia de Ourense. A través da Sociedade de Augas da Cuenca de España (ACUAES) consigna 27,5 millóns para a EDAR de Ourense e 3,9 millóns máis para o abastecemento de auga da cidade.

Pola súa banda, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil destina 9,1 millóns de euros do seu orzamento a Ourense e a do Duero 865.000 euros máis.

Afirmei que se trata dunhas contas nas que se continúa coa política fiscal que nos trouxo a recuperación e nas que as familias, tras anos de esforzos e sacrificios, verán elevado o seu nivel de renda dispoñible grazas a unha baixada de impostos significativa que se centrará nas rendas máis baixas.

Afirmei que “a  recuperacion economica xa é incontestable. Non desapareceron os problemas pero se aminoran”. E concluí sinalando que “estamos ante uns Orzamentos moi importantes para Ourense e estamos moi satisfeitos. A gran aposta da nosa provincia é a Alta Velocidade segue avanzando e agardamos que no vindeiro ano se reducirá o traxecto de Ourense a Madrid en 40 minutos, debido á chegada do AVE a Zamora.









Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta