Participei hoxe
pola mañá en Radio Voz no faladoiro que modera Antía Diaz Leal, e no que compartín
antena con Martiño Noriega
e Francisco Espiñeira.
Falamos en primeiro
lugar do uso das tarxetas opacas de Caixa Madrid-Bankia. Dixen que cando o FROB, tivo
coñecemento da auditoría interna realizada polos os xestores de Bankia, remitiuna á
Fiscalía Anticorrupción, que á súa vez incoou dilixencias por posibles delitos
de apropiación indebida ou administración desleal, e remitiu o caso á Audiencia
Nacional para a súa investigación en sede penal.
Engadindo que o FROB está tamén comparecido na causa xeral de Bankia, e o tema das tarxetas é unha peza separada desa causa xeral de Bankia. E que o FROB pedirá a devolución de todas as cantidades sempre e cando o xuíz determine, que se cobraron de xeito indebido.
Defendín pois a acción do Goberno e tamén a do Partido Popular que onte mesmo por medio do Comité Nacional de Dereitos e Garantías abriu expediente informativo aos militantes afectados.
En segundo lugar, Antía Díaz,
propúxonos falar sobre a evolución do virus do ébola, celebrando a boa evolución da
enferma contaxiada Teresa
Romero.
Dixen que estamos ante unha moi seria crise sanitaria e que a
Organización Mundial da Saúde (OMS)
cifra en 4.033 as persoas mortas como consecuencia do ébola en sete países, aínda que
practicamente todos faleceron en Liberia, Serra Leona e Guinea Conakry, onde a
epidemia empezou o pasado marzo.
Afirmei que o Goberno tomou medidas para estar
preparado para detectar, investigar ou tratar un posible caso de Ébola. Neste
sentido, citei os servizos de Sanidade, Exterior, que comproban as declaracións
sanitarias de todos os avións e buques procedentes dos países afectados.
OMS/P. Desloovere |
Defendín a decisión
de facilitar a repatriación de cidadáns que contraesen o virus, como foi o caso
dos exemplares médicos Miguel
Pajares e Manuel
García Viejo.
Destquei o traballo do Comité Especial para a Xestión en España da enfermidade polo virus Ébola, que se reúne todos os días e dá información diaria da situación. Conta con representantes de Sanidade, interior, Defensa, Economía e Presidencia, e está asesorado por un Comité Científico.
Concluín afirmando
que o importante é atallar a enfermidade e axudar aos que loitan en África
contra o virus.
Recibirá resposta