domingo, 19 de octubre de 2014

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso

O Proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado para 2015 sométese a próxima semana ao debate de totalidade, que comeza o martes, día 20, ás 12,00 horas, coa presentación da iniciativa por parte do Goberno.

Unha vez defendido polo Ministro Montoro, suspenderase a sesión para continuarse ás 16,00 horas coa presentación das 12 emendas de devolución que rexistraron os grupos parlamentarios ata as 14,00 deste venres. O Pleno continuarase o mércores ás 9,00 horas, coas intervencións dos grupos restantes, por orde de maior a menor, co Grupo Popular en último lugar.

O prazo para presentar emendas ao articulado conclúe o 24 de outubro, ás 14,00 horas, e antes do 31 terá que estar aprobado o informe de relatorio, que se elevará á Comisión. A aprobación do ditame está prevista ata o día 7 de novembro.

O ditame elaborado pola Comisión de Presupostos, a partir do informe do relatorio e as emendas que, se é o caso, se aproben, será debatido en Pleno os días 11 a 13 de novembro.

A continuación remitirase o texto ao Senado. A data prevista para a súa votación polo Pleno na Cámara Alta é do 9 ao 11 de decembro. En caso de que non introduza emendas nin veto o proxecto, os Presupostos quedarán definitivamente aprobados.

Se o Senado aproba modificacións ou veta o proxecto, este haberá de volver ao Congreso dos Deputados, que poderá ratificar ou rexeitará as emendas e, no seu caso, levantar o veto.

Unha vez concluído o debate de totalidade dos Presupostos, o Pleno decidirá se concede autorización ao Goberno, tal e como establece o artigo 17.1 da Lei Orgánica 5/2005, do 17 de novembro, da Defensa Nacional, para a participación de Unidades Militares Españolas no marco da coalición para a loita contra o Estado Islámico de Iraq e de Levante.

Por último, está prevista a segunda votación para elixir o presidente da Corporación de RTVE.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta