martes, 14 de octubre de 2014

A magnitude das obras da LAV entre Lubián e Ourense

Onte daba conta da visita da Ministra de Fomento, Ana Pastor ás obras de alta velocidade na provincia de Ourense. Hoxe traslado a este blog, parte da información que onte trasladaba nunha nota o Ministerio de Fomento sobre o estado das obras do tramo Olmedo-Ourense:
Ten 324 km de lonxitude, e se encontra actualmente en execución na LAV Madrid-Galicia.


Unha vez concluído, dará continuidade aos tramos xa en servizo Madrid-Olmedo (138 km) e Ourense-Santiago-A Coruña (149 km)
Á súa vez, o tramo Olmedo-Ourense pódese dividir en tres zonas diferenciadas:
Olmedo-Zamora (95 km): plataforma finalizada. Superestrutura en fase avanzada de execución. Está previsto a sua posta en servicio no primeiro semestre de 2015.
Zamora-Lubián (129 km): plataforma en execución.
Lubián-Ourense (100 km): plataforma en execución.

Entre os viadutos, destaca pola súa lonxitude o de Arnoia (1.014 m), situado no subtramo Meamán-ponte Ambía. Grazas a esta estrutura, a plataforma ferroviaria salva o río Arnoia mediante un esvelto arco oxival de formigón, así como o cruzamento coa liña férrea convencional Zamora-A Coruña, este caso por medio de pilas tipo pórticos.
O tramo Lubián-Ourense, de 100 km de lonxitude, é un dos máis complexos tecnicamente da LAV Madrid-Galicia, e da rede española de alta velocidade, debido á accidentada orografía que atravesa. Da súa complexidade tamén dá mostra o feito de que na súa execución participan case medio centenar de empresas construtoras.
Neste aspecto hai que destacar que, en case 60 km entre Lubián e Porto, o trazado se desenvolve mediante dúas vías con plataformas independentes (vía dereita e esquerda), cunha sucesión continua de túneles e viadutos.
Entre os túneles do tramo destacan pola súa lonxitude o túnel do Corno, de 8.570 m, situado no termo municipal de Laza (Ourense). Esta estrutura albergará a vía dereita dun tramo integrado por dúas plataformas independentes, que completa o túnel paralelo de Cerdedelo-Prado de 8.518 metros de lonxitude para a vía esquerda.
Ambos os dous tubos, un para cada vía, discorrerán paralelos e separados por unha distancia de 30 m entre eixes. Así mesmo, construiranse varias galerías de comunicación entre ambos os dous, separadas 400 m entre si e cunha sección libre de 18 m2.
Outros túneles bitubo (unha vía en cada tubo) destacados pola súa lonxitude na provincia de Ourense son:
. Túnel de Prado: 7.629 m en vía esquerda e 7.604 m en vía dereita. Discorre polos termos municipais de Vilar de Barrio e Saurreaus.
. Túnel de A Canda: de 7,3 km en cada tubo, situado no límite entre as provincias de Zamora e Ourense.
. Túnel de Bolaños: de 6.800 metros (vía dereita) e 6.780 metros (vía esquerda). É o único escavado con tuneladora. Discorre polos termos municipais de Castrelo do Val, A Gudiña e Vilariño de Conso.