martes, 7 de octubre de 2014

PXE 2015: Incrementar a competitividade dos Portos e garantir a súa viabilidade económico-financeira

Tamén hoxe pola mañá interveu na Comisión de Fomento, o presidente do Ente Público Portos do Estado, José Llorca Ortega para presentar os seus Presupostos que foron elaborados a partir da aprobación dos Plans de Empresa entre as 28 Autoridades Portuarias e Portos do Estado.

Informou que en termos xerais, os Presupostos para 2015 consolidan a tendencia xa iniciada cos presupostos dos exercicios precedentes desta Lexislatura, afondando en principios e obxectivos dirixidos a incrementar a competitividade dos portos españois, garantindo simultáneamente a súa viabilidade económico-financeira, principio esencial asociado ao marco de autosuficiencia económica que rexe o modelo de xestión dos portos españois.

É dicir, portos saneados e portos competitivos, con custos e infraestruturas marítimas e terrestres modernas e aliñadas cos requirimentos dunha demanda cambiante, en razón dos procesos e esixencias asociados á actual reorganización do transporte marítimo internacional e da política de transporte europea dirixida á potenciación da intermodalidade, que permitan o crecemento continuado desta e o aumento do investimento privado nestes. Portos ben conectados co sistema xeral de transporte e con chan dispoñible para que poidan desenvolver todo o seu potencial industrial, comercial e loxístico ao servizo do desenvolvemento económico local, rexional e nacional.

Dixo que os portos españois seguen crecendo en tráficos, estando previsto superar este ano o nivel precrise ata practicamente os 485 Mt, e superar no ano 2015 os 500 Millóns de toneladas. É dicir, un crecemento da orde do 5% respecto ao peche de 2014.

Resaltou a importancia do Real Decreto Lei 8/2014, de 4 de Xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, no que se incluíu a posibilidade de ampliación dos prazos máximos concesionais se se melloran as taxas para contribuír a proxectos de conectividade, así como a creación do Fondo Financeiro de Accesibilidade Terrestre Portuario.


Dúas medidas, destacou Llorca, que farán máis atractivos e competitivos os portos españois, o mesmo obxectivo perseguido coa decisión de ampliar o prazo de concesión de explotación de infraestruturas portuarias as empresas que realicen investimentos de mellora. "Se queremos que os privados invistan máis nos portos temos que dalos máis tempo para rendibilizar o seu investimento", insistiu.


Destacou que os buques que usen como combustible gas natural licuado pagarán o ano próximo un 50% menos de taxas portuarias, que tamén se axustarán en función dos días de estanza para as embarcacións de recreo e os pesqueiros que non teñan a súa base nas costas españolas.

Informou que o importe neto da cifra de negocio consolidado, o Proxecto de Presupostos 2015 considera un crecemento global de +2.5 % respecto ao peche de 2014 ata os 1.004,2 M€, fundamentado unicamente no crecemento dos tráficos. Conxuntamente con outros ingresos de explotación, a cifra de ingresos ascende a 1.040,4 M€.

Polo lado dos gastos, dixo que en 2015 o sistema portuario de titularidade estatal continuará o proceso de racionalización e contención do gasto corrente, aínda que sen comprometer a axeitada explotación e operatividade dos portos, alcanzando 958,5 M€.

Concluíu dicindo que son uns presupostos que afondan na competitividade de todos e cada un dos nosos portos e no seu saneamento financeiro, que permiten seguir unha senda investidora racional e aliñada coa evolución da demanda e co potencial destes como dinamizadores da actividade económica na súa zona de influencia, cumprindo así mesmo cos compromisos de aplicación dos fondos europeos antes de decembro de 2015 e abrindo o camiño a un maior compromiso investidor cos proxectos de conectividade dende a zona de servizo ata as redes troncais, verdadeiro colo de botella para o seu crecemento e función intermodal.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta