domingo, 5 de octubre de 2014

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso

A próxima sesión do Pleno do Congreso comeza o martes, ás 16,00 horas, co debate de toma en consideración das Proposicións de Lei de UPyD relativa á reforma da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, para garantir unha maior proporcionalidade; e do Grupo Mixto sobre mellora de protección laboral e de seguridade social das persoas enfermas de cancro.

Posteriormente debateranse as proposicións non de lei de ERC (Grupo Mixto) sobre a presunción de constitucionalidade das leis que emanan do Parlamento de Cataluña; e do Grupo Popular relativa ao impulso dun conxunto de medidas para fomentar o uso do vehículo eléctrico en España.


Están previstas tamén as mocións do Grupo Socialista sobre a política educativa do Goberno e as súas consecuencias no incremento das desigualdades; de IU, ICV-EUiA, CHA acerca de se o Goberno descarta definitivamente a presentación da Lei de protección da vida do concibido e os dereitos da muller embarazada; e de CiU sobre a política industrial e turística que impulsa o Goberno.

O mércores, ás 9,00 horas, continúase o Pleno coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpretacións urxentes.

O xoves, día 9 de outubro, á mesma hora, se verán as emendas do Senado ao proxecto de Lei polo que se delega no Goberno a potestade de ditar diversos textos refundidos, en virtude do establecido no artigo 82 e seguintes da Constitución española, que culmina así a súa tramitación parlamentaria.

Tamén están incluídos na orde do día varios ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre Convenios internacionais.

Por último, celebrarase o debate de totalidade do Proxecto de Lei pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeneral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta