A próxima sesión plenaria comezará no Congreso o martes, ás 16 horas,
co debate de toma en consideración das proposicións de lei do Grupo Socialista,
de participación das Cortes Xerais na adopción das políticas da Unión Europea;
e do Grupo Mixto, Orgánica
de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de
salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña. Neste punto intervirei para defender a posición do Grupo Parlamentario Popular.
A continuación debateranse as proposicións non de lei do Grupo Popular, sobre a modificación da Lei de Patrimonio Natural e Biodiversidade; e do Grupo Socialista, sobre a paralización da privatización de AENA.

Por último, debateranse as mocións consecuencia de interpretacións urxentes, do
Grupo Socialista, sobre a política que está a levar a cabo o Goberno en
relación coa crise de saúde pública xerada tras o primeiro caso de contaxio
polo virus ébola
en España; do PNV,
sobre as previsións do Goberno acerca da entrada en servizo da " Y Vasca", para o ano 2020; e de CiU sobre as actuacións adoptadas e as que
ten previsto adoptar o Goberno fronte ao virus do ébola.
O Pleno do Congreso dos Deputados continuarase o mércores,
ás 9,00 horas, coa comparecencia do presidente do Goberno, a petición propia,
para informar sobre o Consello Europeo dos días 23 e 24 de outubro de 2014 en
Bruxelas.
A continuación terá lugar a sesión de control ao Goberno e o debate das interpretacións urxentes.
O xoves, ás 9 horas, comezará o debate das emendas do Senado ao Proxecto de Lei de recoñecemento mutuo de resolucións penais na Unión Europea; ao Proxecto de Lei Orgánica sobre intercambio de información de antecedentes penais e consideración de resolucións xudiciais penais na Unión Europea; e ao Proxecto de Lei pola que se modifica o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, e a Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.
Por último, o Pleno debaterá os ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre convenios internacionais; en concreto, o acordo entre o Goberno do Reino de España e o Goberno do Reino de Bahrein sobre cooperación no ámbito da defensa, feito en Manama o 1 de maio de 2014, e o acordo sobre condicións de exercicio da actividade das frotas española e portuguesa nas augas de ambos os dous países entre o Reino de España e a República Portuguesa, feito en Bruxelas o 24 de marzo de 2014.

Recibirá resposta