Viaxo hoxe pola mañá a Pobra de Trives onde tivo lugar
a presentación de candidatos do PP de Ourense ás Eleccións Municipais
correspondentes á Xunta Local de zona da Pobra de Trives.
Deu a benvida o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, en logo interveu o conselleiro, Jesús Vázquez Abad.
No acto foron
presentados os candidatos seguintes: O Bolo: Manuel Corzo Macías. É alcalde do
municipio dende 1999; Castro Caldelas: Manuel Lage Blanco, é voceiro municipal
do PP neste municipio dende 2011; Chandrexa de Queixa: Francisco Rodríguez
Rodríguez, é alcalde do municipio dende 2011 e deputado provincial dende 1991; Larouco: Joaquín
Bautista Prieto Rodríguez é alcalde dende 1998; Manzaneda: Salvador
Fernández Cardoso. É a súa primeira incursión en política; Montederramo:
Antonio Rodríguez Álvarez, é alcalde dende 1987; A Pobra de Trives: Jesús
Prieto Pérez É a súa primeira incursión en política; San Xoán de Río: Gerardo
Rodríguez Domínguez, é alcalde dende 2011; A Teixeira: Miguel Antonio Cid
Álvarez, é alcalde dende 1991; Viana do Bolo: Andrés Montesinos Rodríguez é
alcalde dende 2003; Vilariño de Conso: Ventura Sierra Vázquez, é alcalde
dende 1996.
Tras glosar a figura dos candidados, fixo unha sentida lembranza de Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal e presidente local do PP
en Trives, falecido o pasado 1 de setembrbro.
No camiño de ida a este acto, aproveitando o
magnífico día que facía, detívenme á altura do o río Navea, que serve de fronteira natural
entre os concellos de San
Xoán de Río e A
Pobra de Trives,
para despois de baixar un fermoso camiño vistar a súa magnífica ponte romana,
coñecida como Ponte Navea
Ten un só arco, apuntado, o que indica que foi sometido a modificacións na súa estrutura en época medieval, e mais concretamente no século XVI, debido quizais a que por aí pasou o camiño de Santiago.
Ten un só arco, apuntado, o que indica que foi sometido a modificacións na súa estrutura en época medieval, e mais concretamente no século XVI, debido quizais a que por aí pasou o camiño de Santiago.
Nos arredores da ponte, e mais en concreto na porta de entrada a un alpendre, encontrouse no ano 1834 un Miliario, que posteriormente foi trasladado ao patio do Marqués de Trives. Este está dedicado aos emperadores Tito e Domiciano, e data seguramente da finalización da Via Nova.
Paga a pena visitar esta paraxe e coñecer este monumento.
Recibirá resposta