Hoxe
recibimos no Congreso dos Deputados a presidenta da República de Chile, Michelle Bachelet,
que realiza unha visita de Estado a España, e que se dirixiu aos deputados e
senadores, reunidos en sesión conxunta das Cortes Xerais.
Jesús Posada,
deu á Presidenta da República de Chile a máis afectuosa benvida ás Cortes
Xerais, na súa visita a España, que se produce tan só sete meses despois de
asumir a presidencia da súa nación.
Resaltou o Acordo de Alianza Estratéxica entre España e Chile que expresa o
sólido e firme compromiso dos doas
Estados de manter un diálogo político permanente e fluído, e de reforzar a
cooperación en todas as áreas, dende o desenvolvemento económico e social, á
promoción dos dereitos humanos.
Posada afirmou que España e Chile teñen moito en común, por exemplo, ter sido
capaces de facer unha transición pacífica á Democracia dende réximes
autoritarios; transición que nos permite ser hoxe democracias estables e
consolidadas.
E que tamén nos une o esforzo de modernización económica que realizamos;
esforzo que nos confire hoxe oportunidades de progreso.
A continua a presidenta chilena, Michelle
Bachelet, no seu discurso resaltou nun dos desafíos do seu país
facer fronte ás desigualdades internas, sinalando que a distancia entre a
sociedade e os representantes públicos vén xerada en Chile pola falta de
equidade territorial, en dereitos, ingresos, educación e oportunidades.
Dedicou tamén palabras á reforma educativa, e a unha nova Constitución que sexa
a expresión do Chile de hoxe, da súa diversidade, da súa cultura cívica, da súa
tradición republicana, do rol da muller e dos seus pobos.