Onte coñecíamos por medio da Secretaría de Estado que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou en España os 16.690.520 ocupados no mes de outubro, o que supón un incremento de
330.147 afiliados respecto ao mesmo mes do ano pasado.
Outubro convértese no noveno mes
no que se rexistra unha taxa interanual positiva, que nesta ocasión alcanza o
2,02%. Dos 16.690.520 afiliados do mes de outubro, 8.948.686 son homes e
7.741.833 son mulleres.
No cómputo mensual, a afiliación aumenta en 28.817 persoas respecto ao mes
anterior (0,17%). Tamén suma activos a serie desestacionalizada que no último mes se
incrementou en 5.209 persoas.
Por outra parte, destaca o dato
rexistrado no Réxime de Autónomos, que incorpora 5.308 afiliados, o mellor
resultado mensual dende outubro de 2007.
A afiliación ao Réxime Xeral ascendeu o mes
pasado en 24.840 persoas (0,18%), o que sitúa a afiliación media de outubro en
13.504.962. Destaca o incremento de ocupados especialmente en Educación e
Administración Pública e Construción.
Dentro do Réxime Xeral, cabe destacar que o Sistema Especial Agrario
experimentou un ascenso de 2.204 (0,30%), o que sitúa o número de ocupados en
743.209. O Sistema Especial de Empregados de Fogar aumentou en 2.282 persoas
(0,54%), polo que agora alcanza os 426.879 medios.
O Réxime de Autónomos conta con
3.119.533 persoas. Hai que destacar tamén o crecemento da afiliación entre os
autónomos, colectivo que gaña 5.308 ocupados (0,17%): para encontrar un mes de
outubro mellor hai que retroceder a 2007 (7.889).
No Réxime do Mar a ocupación decreceu en 1.289 (-2,04%), ata os 61.930
afiliados medios. Finalmente o Carbón diminuíu en 42ª filiados (-1,02%), situándose en 4.095.
No último mes, a afiliación creceu
a maioría de territorios autonómicos: a Comunidade Valenciana con 33.626 afiliados
máis; a Comunidade de Madrid, con 25.263; Andalucía, con 14.466; País Vasco,
10.588; Canarias, 7.505; A Rioja,
3.536; Rexión de Murcia, 3.324; Castela e León, 3.006 e Navarra, 1.259, máis as
cidades autónomas de Ceuta, 338 afiliados máis e Melilla, con 68.
Galicia:
A afiliación media á Seguridade alcanzou os 932.760 ocupados no mes de outubro,
o que supón un descenso de 3.908 afiliados respecto ao mes pasado (-0,42%).
Respecto do mesmo mes do ano pasado a afiliación incrementouse en 11.428 persoas (un 1,24%).
A afiliación ao Réxime Xeral ascendeu o mes pasado a 693.450 persoas, ao Réxime
Especial de Traballadores Autónomos a 217.510 e ao Réxime do Mar a 21.800.
Ourense:
A afiliación media á Seguridade alcanzou os 99.376 ocupados no mes de outubro,
o que supón un descenso de 1.097 afiliados respecto ao mes pasado (-1,09%).
Respecto do mesmo mes do ano pasado a afiliación se incrementou en 823 persoas
(un 0,83%)
A afiliación ao Réxime Xeral ascendeu o mes pasado a 73.288 personas e ao Réxime
Especial de Traballadores Autónomos a 26.087.