domingo, 9 de noviembre de 2014

A vindeira semana de actividade parlamentaria

O Pleno da próxima semana, no martes, mércores e xoves, debaterá o ditame elaborado pola Comisión de Presupostos, que nas sesións celebradas os días 4 e 5 de novembro aprobou sen modificacións o informe do relatorio, reunida o mércores, 29 de outubro, xa que se rexeitaron as emendas ao articulado, así como os votos particulares e as emendas que os grupos manteñan vivas.

A continuación remitirase o texto ao Senado. A data estimada para a súa votación polo Pleno na Cámara Alta é do 9 ao 11 de decembro. En caso de que non introduza emendas nin veto o proxecto, os Presupostos quedarán definitivamente aprobados.

Se o Senado aproba modificacións ou veta o proxecto, este haberá de volver ao Congreso dos Deputados, que poderá ratificar ou rexeitará as emendas e, no seu caso, levantar o veto.
Ademais, o martes 11 pola mañá teremos Comision de Fomento, na que abordaremos preguntas orais. 

Eu formularei unha delas ao Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Julio Gómez Pomar, interrogándoo sobre o balance dos servizos ferroviarios operados por RENFE en longa e media distancia no ano 2013 en e con destino á Comunidade Autónoma de Galicia, ao tempo que aproveitaré  para coñecer as cifras do presente ano.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta