Viaxei hoxe a Verín, para asistir no auditorio da Casa de Cultura ao acto de
presentación de candidatos do PPOU para as vindeiras Eleccións Municipais da
Xunta Electoral de Zona de Verín.
Deu a benvida o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez
Morán. A continuación interveu o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández,
así como o voceiro do Comité Executivo do PPdeG, Miguel Tellado Filgueira.
Tellado fixo fincapé na importancia das próximas
eleccións municipais, xa que nelas hai que decidir se avanzar na consolidación
da recuperación económica, ou se botar atrás todos os avances conseguidos co
esforzo de todos nestes anos de dificultade.
Por iso, convidou aos seus compañeiros de filas a seguir
traballando na boa dirección, preocupándose polos problemas das persoas,
ocupándose do seu benestar e asumindo a responsabilidade de ser o primeiro
partido de Galicia, e representar a maioría social do noso país.
Segundo Tellado, para presentarse a unhas eleccións é
importante ter bos candidatos, como é o caso desa comarca de Verín, e tamén
contar cun programa serio e realista de goberno para cada concello.
Como apuntou, os populares teñen un compromiso coas ideas
que defenden, cos seus valores e principios e cos cidadáns. Neste senso,
lembrou que representan á maioría social da comunidade e que gobernan na Xunta
cunha ampla maioría, así como tres das catro deputacións provinciais e máis de
200 concellos galegos. Polo tanto, indicou que os populares son depositarios
dunha gran confianza cidadá á que non poden fallar.
Pechou o acto o presidente provincial do PP de Ourense,
Manuel Baltar, en torno ás 11.55 horas, recalcando que "a 190 días das
Eleccións Municipais, o PPOU é o único partido que xa ten designados 75 os
cabezas de lista que están presentados a día de hoxe".
Os candidatos presentados foron os seguintes:
-Castrelo do Val: Manuel Pérez Araújo. Presidente local do PP de Castrelo do Val.
-Cualedro: Luciano Rivero Cuquejo . Deputado provincial desde 2011.
-A Gudiña: Guillermo Lago Pérez . Alcalde da Gudiña desde 1987.
-Laza: José Ramón Barreal Novo. Alcalde de Laza desde 2011.
-A Mezquita: Francisco José Montesinos Rodríguez . Alcalde da Mezquita entre 1995-2007.
-Monterrei: José Luis Suárez Martínez. Concelleiro en Monterrei desde 2011.
-Oímbra: Ana María Villarino Pardo. Concelleira en Oímbra desde 2007.
-Riós: Francisco Armando Veiga Romero Alcalde de Riós desde 1993.
- Trasmiras: Emilio José Pazos Ojea. Alcalde de
Trasmiras desde 2007.
-Verín: Juan
Manuel Jiménez Morán Alcalde de Verín entre 1994-2005 e desde 2007.
Senador desde 2013.
-Vilardevós: Manuel Cardoso Pérez Alcalde de Vilardevós desde 2011.
Parabens a todos eles.
Recibirá resposta
Recibirá resposta