Hoxe, desde as 9,25 fun entrevistado na Radio Galega no programa “Os
almorzos de Galicia por Diante” que dirise Kiko Novoa, sobre diversos temas de
actualidade na miña condición de coordinador dos deputados galegos no Congreso.
Fago un pequeño resumo, aínda que achego
o link que permite o acceso ao audio da mesma.
PARO:
Sobre os datos do paro rexistrado do pasado mes, dixen que “se constata un feito, que é que no mes de outubro, no que
tradicionalmente o paro medra polo fin da campaña do verao, o desemprego medrou
no conxunto do Estado en 79.154 parados, que é un crecemento moi inferior o que
é o crecemento medio deste mes, que está en 118.000 parados, e que é o menor
incremento dende o ano 2010. Por tanto é un dato agardado, pero dentro de que
nunca é boa noticia que o paro medre, é un crecemento menor dos que estábamos
afeitos nos últimos anos”.
CURSO POLÍTICO:
Dixen que “os deputados galegos do PP en Madrid están impulsando o proceso
de reformas que inciden claramente na vida dos españois e dos galegos. Temos
moitos proxectos en marcha, como o Proxecto de Lei dos Presupostos do Estado
para o 2015, en plena tramitación; o Proxecto de Ley de reforma fiscal, que
está no Senado e que vai a propiciar una baixada de impostos que tanto agardan os
cidadáns a partir do próximo ano e temos
que seguir traballando para impulsar medidas de rexeneración democrática, en
materia de transparencia, en materia de gobernanza do público, na que estamos
claramente implicados”.
Engadín que “ con relación a Galicia, os deputados estamos a traballar para
rematar os Presupostos do Estado do 2015, que pretenden investir en Galicia 1.385
millóns de euros, una cifra moi
importante que supón o 12,3 % do total rexionalizado. Lembremos aqueles tempos nos que nos dábamos por moi satisfeitos si
acadábamos o 8%. Estamos a traballar
para que salgan adiante estos presupostos , que servirán para seguir
alimentando financieiramente obras importantes para Galicia como son a conexión por alta
velocidade coa Meseta, o remate do Eixo Atlántico, o outras infraestructuras de
saneamento e depuración que están en marcha no noso país”.
AVE A GALICIA:
Afirmei que “considero decisivo que Galicia e o noroeste de España teñan
alta velocidade. A Alta Velocidade é un proxecto de Estado que non só beneficia
a este parte tan importante do país, e un proxecto polo que levamos moito tempo
loitado, polo que nos queda moito por seguir loitando, pero que existan unas comunicacións
ferroviarias normais no século XXI é un esforzo que merece a pena. Ademáis os
galegos están comezando a notar como estes grandes investimentos se traducen na
súa vida diaria. Non esquezamos que no primeiro semestre do 2015 a conexión
chegue a Zamora, o que permitirá aforrar media hora no traxecto a Madrid. No
caso de Ourense, por exemplo, será máis competitivo en tempo viaxar a Madrid en
tren que en turismo”
NAVANTIA:
“Con Navantia falamos, como expresa en público o presidente da Xunta, para
pedirlles una política máis activa e eficiente para conseguir contratos para os
nosos estaleiros, que teñen acreditado sobrada capacidade para construír buques
de alta calidade. A Xunta ten un papel moi importante, o Estado tamén está
actuando, por exemplo, co encargo dun buque por parte da armada.
Supoño que vontade a Navantia non lle debe faltar, no sentido de que acadar
carga de traballo para a empresa será bo para os seus directivos. O mundo da
construcción naval e tremendamente competitivo, outros producen en condicións
complicadas para España, como os estaleiros coreanos, pero nos pensamos que co
novo sistema de arrendamento financeiro de tax lease a competitividade dos
nosos asteleiros debe ter un peso. Navantia pode e debe facer máis e nos
estamos encima deles para que isto sexa así”.
CORRUPCIÓN:
"É posible e desexable un pacto anticorrupción entre o PP y o PSOE. As
conversas estaban moi adelantadas. Deben consensuarse esas iniciativas, non é
bo que as aprobe un só partido cando se trata de normas de esa transcendencia.
Non hai tantas diferencias.
O PP está comprometido para que as cosas muden. Pero esto non é só una
actuación do Executivo, do Goberno, que ten responsabilidade polos cargos que
elixe, é tamén responsabilidade do Lexislativo promover leis que prevengan
casos de corrupción e sexan moi punitivas cos que se detecten, e tamén é cosa
do poder xudicial, porque a eles lles corresponden as decisións entorno a
liberdade o non dos implicados, a sua vixilancia, etc.... E un compromiso de
todos os poderes do Estado. Queda moito por facer, ainda que tamén hai moito
camiño recorrido. Eu quero recordar que xa no primeiro consello de ministros
desta Lexislatura o Goberno do PP aprobou a reforma de ley de financiamento dos
partidos políticos, en decembro entrará en vigor a Ley de Transparencia, acceso
a información e bo Goberno,e temos
modificado o código penal para introducir a responsabilidade penal dos partidos
políticos".
CIS E PODEMOS:
Preguntado por este tema dixen que “eu agardo a coñecer ese sondeo. Hai
motivo para a reflexión e para tomar cumprida nota. Faltan meses para as
eleccións. Nos temos que facer os deberes pero será bo que nestes meses – os de
Podemos - nos expliciten as medidas e o programa, e sobre todo si o que
pretenden é viable e de onde se saca o diñeiro. Porque de boas palabras, e quedar
ben co electorado e denigrar os demais sempre resulta fácil, o que non é fácil
e gobernar una administración
Os acordos entre PP y PSOE sempre considerei que deberían ser normais nunha
democracia consolidada, non só neste momento. Nunca entendín porque o PP ten que
acadar a maioría absoluta se quere gobernar e que se non a acada o PSOE
se xuntase con outros para ir contra do PP. O normal é deixar votar a lista con máis apoios o
chegar a acordos para gobernar co PSOE o
con calquera. Eu non teño nengún problema en acordar, ni con PSOE ni con
calquera que estea disposto a arrimar o lombo para sacar a este país adiante”.