Hoxe tivemos a habitual sesión de control ao Goberno,
na que Mariano Rajoy
contestou a varias preguntas,
En resposta á voceira de UPyD, Rosa
Díez, o presidente do Goberno defendeu que, ante a convocatoria
do 9 de novembro, actuou con "proporcionalidade" e engadiu que
"ese referendo non se celebrou, entre outras cousas, porque eu recorrín ao
Tribunal Constitucional, quen por unanimidade dixo que non se podía
celebrar".
Polo que se refire á situación económica e en contestación ao deputado do PSOE Pedro Sánchez, Rajoy indicou que
"imos polo bo camiño, aínda que evidentemente aínda quedan moitas cousas
por facer". Segundo sinalou, "demos a volta a esa situación porque
levamos cinco trimestres consecutivos de crecemento e somos o país que máis
crece de Europa. Estamos a crear emprego, 550.000 nos últimos seis meses, e
reducimos o déficit público ano tras ano". A situación de España,
explicou, é moi diferente da que había hai tres anos, entón un país en
recesión, no que se destruíran 3.400.000 postos de traballo.
Por outra parte, o presidente criticou a decisión do líder socialista pola súa
proposta de dar marcha atrás na reforma do artigo 135 da Constitución, reforma
que se pactou en 2011 e que foi básica "para a recuperación económica do
noso país".
Mariano Rajoy,
en resposta á cuestión formulada polo deputado de CiU Josep Antoni Duran i Lleida, tamén sostivo que a economía
produtiva é unha das prioridades do Goberno: "De feito, o obxectivo
fundamental de todas as reformas estruturais que levamos a cabo ao longo desta
lexislatura é que as nosas empresas sexan máis competitivas para que así poidan
crear emprego".
Segundo explicou, a reforma laboral e enerxética, a
reestruturación bancaria, as novas liñas de mediación do ICO, a baixada da prima de risco
española e a reforma fiscal "son suficiente proba de que, para nós, a
economía produtiva e as empresas produtivas son, sen dúbida ningunha, unha
prioridade fundamental na acción do meu Goberno,".
Rajoy,
ademais, achegou algúns datos significativos: "Creáronse máis de 93.000
empresas novas, un 4,4 máis que o ano anterior, e se reduciu o número de
empresas que se disolven nun 9,4. No que vai de 2014, a creación neta de
empresas avanzou case un 5% ".
Recibirá resposta