Participei hoxe en Ourense no Centro Cultural "Marcos
Valcárcel" o Foro "Presente e futuro do termalismo de Ourense", no
que se analizaron as perspectivas socioeconómicas e de turismo de ocio e saúde
que ofrece o ámbito termal da provincia de Ourense.
Un evento que forma
parte de tres foros: Demografía, Termalismo e Emprendedores, organizados polo
xornal La Región coa colaboración da Deputación de Ourense.
Abriu o Foro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar quen anunciou, referíndose ao termalismo, que
nas vindeiras semanas, antes de que remate o mes de novembro, asinará co
presidente da Xunta de Galicia o convenio para a execución do Plan Termal
Provincial, e antes de que remate 2014 celebrarse o acto de constitución do
Consello Termal Ourensán, "ao que están convidados a participar todos
aqueles que queiran achegar, en positivo, propostas que contribúan a sumar en
favor do termalismo en Ourense, entre os que estarán, por suposto, as vilas
termais e os concellos da provincia que teñen esa cualificación.
Logo foi o turno para a intervención de dous destacados
expertos o profesor José Carro, presidente da Real Academia de Medicina de Galicia,
e Julián Tejerizo, xefe da Área de Termalismo do Imserso.
Dediquei a miña exposición a valorar a importancia das infraestructuras para o crecemento económico e a competitividade dun territorio.
Destaquei que as infraestructuras ferroviarias de alta velocidade que estamos construíndo colocaran no horizonte de 2018 a Ourense nun tempo de viaxe a Madrid de dúas horas e quince minutos aproximadamente, e que xa no primeiro semestre do próximo ano 2015 todas as relacións entre a capital de España e o Estado reduciranse en media hora.
Desta mellora substancial das comunicacións beneficiarase o potencial termal de Ourense que poderá recibir un maior aporte de clientes de diferentes procedencias nacionais e internacionais.
Recibirá resposta