Asisto hoxe na Deputacion Provincial ao primeiro debate do estado da provincia.
O presidente provincial Manuel Baltar no seu discurso falou da transparencia, a unidade política e a rexeneración democrática como os piares nos que se ten que asentar unha nova forma de facer política.
Defendeu a necesidade "de crer no mellor Ourense, afastados de vitimismos". "Queremos futuro –remarcou- para destacar as potencialidades e singularidades da nosa terra, que nos darán, sen dúbidas, os éxitos que todos desexamos".
Dixo: " quero para Ourense, meu
goberno quere para Ourense, retos e ambicións, cunha clara folla de ruta. Un
Ourense sen victimismos facilóns, sen negativismos, sen prognosticadores de
desastres nin profesionais da apocalipse. Quero, queremos, futuro".
E plantexou logo unha serie de preguntas e respostas:
"Quen dixo que éramos a provincia máis despoboada de España? FALSO. Temos
máis poboación que trece provincias de España.
Quen di que somos a provincia con menor densidade de poboación de
España? FALSO. Temos 45 persoas por quilómetro cadrado. Máis que 19 provincias
de España. Máis que a media de comunidades autónomas como Aragón, Castela e
León, Castela-A Mancha ou Estremadura.
Quen di que temos moitísimos concellos? FALSO.
A media de concellos por provincia en España é de 156. Temos 92. Só Burgos ten
máis que toda Galicia : 371.
Quen di que somos a provincia con máis porcentaxe de parados de España?
FALSO. Somos a 31 provincia de España, é dicir, hai 30 provincias que teñen
maior porcentaxe de parados que Ourense (datos actualizados)
En qué estatística somos os peores do país? En ningunha. Por que non nos
poñemos a pensar en positivo sobre o futuro da provincia e as posibilidades que
teñen os 7.273 quilómetros cadrados da súa superficie… Por certo, máis que 15
provincias de España… pero tamén máis superficie que comunidades autónomas
enteiras como Illes Balears, Cantabria, Euskadi ou A Rioja.
Somos a provincia 36 en superficie e a 39 en poboación, e a número 20
tendo en conta a maior porcentaxe de habitantes concentrados na capital (32,33
% fronte ao 31,96 % do conxunto de España).
Temos desafíos claros: máis emprego e máis poboación. As nosas
principais preocupacións. A suma perfecta para facer MÁIS OURENSE. Non nos
fixemos só nas debilidades e nas ameazas, sen descoidalas por suposto. Fagamos
fincapé nas nosas fortalezas –que temos e moitas- e nas nosas oportunidades
–que existen e que aproveitaremos-."
Anunciou que presentará a súa candidatura para presidir a Deputación na vindeira lexislatura, e ixo que a transparencia, a unidade política e a rexeneración democrática "son piares básicos nos que se ten que asentar unha nova forma de facer política para uns novos tempos que demandan novas solucións a novos retos, onde a firmeza é fundamental porque o desencontro político aviva incertidumes na poboación e elo trae redución do gasto privado, diminución da produción e, en consecuencia, do emprego e do investimento". "Fronte a iso –expresou-, "temos desafíos claros: máis emprego e máis poboación, que son as nosas principais preocupacións. A suma perfecta para facer máis Ourense. Non nos fixemos só nas debilidades e nas ameazas, sen descoidalas por suposto. Fagamos fincapé nas nosas fortalezas e nas nosas oportunidades".
Aludiu o "Plan OURENSE 15-19", "unha liña programática con 40 medidas innovadoras e de futuro para a provincia de Ourense cun cronograma de medidas concreto, medido e precisado, para levarse a cabo coa máxima eficacia e para que teña os seus efectos dende o minuto un da súa posta en marcha".
Despois de Manuel Baltar interviron os voceiros do BNG, PSOE e PP para presentar as correspondentes propostas de resolución, que foron debatidas posteriormente polos voceiros dos grupos políticos. O debate reanudouse cunha quenda de dúplica por parte do presidente, á que seguiu unha nova intervención dos voceiros, e pechouse o pleno coa intervención final do presidente e a votación das propostas de resolución e as emendas que se acordaron.
Ademais das dez propostas de resolución do grupo de goberno, as 10 novas medidas que anunciou o presidente Manuel Baltar foron as seguintes:
1.- O Observatorio Económico Provincial terá unha vertente demográfica, que avaliará tamén tanto a evolución destas décadas como as proxeccións poboacionais.
2.- Elaboración dun cuestionario sobre a transparencia e o acceso dos cidadáns á información municipal dos 92 concellos da provincia.
3.- Sinatura coa Xunta de Galicia do convenio para a execución do Plan Termal Provincial (o día 18 de novembro no Balneario do Carballiño), e no mes de decembro, reunión constitutiva do Consello Termal Ourensán. "Comeza o reto termal, así se acredita nos orzamentos da Deputación para 2015 co investimento máis elevado da historia en materia de termalismo", explicou o presidente.
4.- No mes de decembro Ourense acollerá o Foro Redepyme, que organiza o Goberno de España, evento orientado a sensibilizar a emprendedores e empresarios sobre a importancia de aplicar a innovación ás súas iniciativas empresariais.
5.- Posta en marcha dunha "Unidade administrativa de Mellora do servizos públicos", relacionada coa xa creada de Transparencia e participación cidadá, pioneira na administración pública española.
6.- Elaboración dun Manual de acollida para as electas e electos provinciais, para axudarlles no proceso de incorporación á Corporación. Falo de establecer unha sistemática para garantir que os membros da corporación provincial reciban formación sobre as súas funcións e responsabilidades.
7.- Celebración do Consello provincial de alcaldesas e alcaldes ou Cumio provincial de alcaldesas e alcaldes co presidente da Deputación, para analizar propostas, formular preguntas e establecer canles de cooperación entre os máximos representantes dos concellos da provincia e o presidente da Deputación.
8.- Medidas de mellora da eficiencia e de transparencia en materia de contratación.- Pioneiros en materia de licitación electrónica liderando xunto á Deputación de Pontevedra, o Concello de Santiago e dúas entidades locais por determinar, o proxecto piloto promovido por AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
9.- Eliminación do procedemento negociado sen publicidade a partir do 1 de xaneiro de 2015.- Integración do perfil do contratante da Deputación na Plataforma de Contratación do Sector Público (20 deputacións integradas a día de hoxe). Retransmisión de mesas de contratación e publicidade de tódolos contratos celebrados con independencia do procedemento de contratación.
10.- Creación da Rede provincial de museos.- Unha provincia rica en cultura, patrimonio, natureza e no carácter das súas xentes merece intensificar as accións coordinadas das administracións públicas, co liderado do seu goberno provincial, para incidir nas nosas posibilidades turísticas co turismo cultural ou o turismo termal como máximos referentes, sen descoidar a Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.
Recibirá resposta
Recibirá resposta