O próximo Pleno do Congreso dos Deputados comezará o martes 18 de
novembro ás 16.00 horas coa toma en consideración dunha Proposición de Lei do
Parlamento Vasco, sobre alteración dos límites provinciais, consistente na
segregación dos municipios de Condado de Treviño e La Puebla de
Arganzón da provincia de Burgos e a súa incorporación
ao territorio histórico de Araba/Álava.
A continuación, os deputados decidiremos se se inicia a tramitación da
Proposición de Lei reguladora das cláusulas chan nos contratos de préstamo
hipotecario, neste caso presentada polo Grupo Socialista.
Posteriormente, veranse dúas proposicións non de lei. A primeira, presentada
polo Grupo Popular, é unha iniciativa relativa á elaboración dunha Estratexia
Nacional de Autismo. A segunda, do Grupo Socialista, trata sobre o
recoñecemento do Estado de Palestina.
Tamén se debaterán tres mocións consecuencia de interpretacións urxentes. Por
un lado, a do Grupo Socialista, sobre a axenda social do Goberno; por outro,
unha presentada pola Esquerda Plural sobre a situación de semiescravitude de
traballadores agrarios pola acción das empresas de traballo temporal e,
finalmente, unha moción de UPyD sobre as medidas que pensa levar a cabo o
Goberno para erradicar a pobreza infantil.
O mércores 19 de novembro o Pleno comezará ás 9.00 horas coa
sesión de control ao Goberno, á que seguirá o debate das interpretacións
urxentes.
O xoves, 20 de novembro, a sesión empezará coa validación ou derrogación do
Real Decreto Lei 14/2014, do 7 de novembro, polo que se conceden créditos
extraordinarios e suplementos de crédito para financiar actuacións de distintos
Departamentos Ministeriais.
A continuación, veranse as emendas do Senado a oito proxectos de lei. Comenzaán co Proxecto de Lei
Orgánica de Réxime Disciplinario das Forzas Armadas; o Proxecto de Lei de
Tratados e outros Acordos Internacionais; e o Proxecto de Lei de Réxime do
Persoal da Garda Civil; Proxecto de Lei de Parques Nacionais.
A continuación, veranse as emendas ao Proxecto de Lei pola que se modifican a Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de No Residentes e outras normas tributarias; o Proxecto de Lei do Imposto sobre Sociedades e, finalmente, o Proxecto de Lei pola que se modifican a Lei do Imposto sobre o Valor Engadido, a Lei de modificación dos aspectos fiscais do Réxime Económico Fiscal de Canarias, a Lei de Impostos Especiais, e a Lei pola que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidade ambiental e se adoptan outras medidas tributarias e financeiras.
O Pleno finalizará co debate de totalidade do Proxecto de Lei en materia de
concesión da nacionalidade española aos sefardís orixinarios de España que
xustifiquen tal condición e a súa especial vinculación con España, pola que se
modifica o artigo 23 do Código Civil e se establece unha taxa para determinados
procedementos de adquisición da nacionalidade española.
Recibirá resposta
Recibirá resposta