O próximo Pleno do Congreso dos Deputados
comeza o martes, 25 de novembro, ás 16,00 horas, co debate de toma en
consideración da proposición non de lei do Grupo Socialista para o impulso do
investimento sostible das entidades locais; e de IU,
ICV-EUiA, CHA e o Grupo
Mixto de reforma do artigo 135 da Constitución Española, relativo ao principio
de estabilidade presupostaria.
A continuación veranse as proposicións non de lei do Grupo Popular relativa á consecución dun acordo de libre comercio e investimento entre os Estados Unidos de América e a Unión Europea; e do Grupo Socialista pola que se insta ao Goberno a combater o maltrato animal. A orde do día do martes conclúe coas mocións consecuencia de interpretacións urxentes debatidas a semana anterior.
O mércores, continúase o Pleno ás 9,00 horas coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes.
O xoves, a partir da mesma hora, debateranse as emendas de totalidade ao Proxecto de Lei Orgánica de control da actividade económico-financeira dos Partidos Políticos, pola que se modifican a Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, sobre financiamento dos Partidos Políticos, a Lei Orgánica 6/2002, do 27 de xuño, de Partidos Políticos e a Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas.
A sesión plenaria conclúe co debate e votación das emendas de devolución ao
Proxecto de Lei reguladora do exercicio do alto cargo da Administración Xeral do Estado. A este proxecto tamén se presentaron unha emenda de texto alternativo, do Grupo Socialista, e tres de devolución, de IU, ICV-EUiA, CHA; UPyD e o Grupo Mixto (BNG).
En caso de que se rexeiten as emendas de totalidade, ambos os dous proxectos continuarán a súa tramitación na Comisión Constitucional, onde se debaterán e votarán as emendas ao articulado que presenten os grupos parlamentarios.
Recibirá resposta