sábado, 15 de noviembre de 2014

Santiago Villanueva Álvarez, novo Delegado do Goberno en Galicia

Onte o Consello de  Ministros nomeaba a Santiago Villanueva Álvarez, Delegado do Goberno en Galicia.

Nado o 24 de xullo de 1966 en Monterrei (Ourense), é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e pertence aos corpos Superior e de Xestión de la Xunta de Galicia.

Actualmente era director xeral de Emerxencias e Interior e director general da Academia Galega de Seguridade Pública.

E hoxe na Coruña tivo lugar o  acto de toma de posesión.

Neste acto o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núéz Feijóo Feijóo defendeu  a lealdade, a solidariedade, o diálogo e a colaboración como a única fórmula válida para afrontar os desafíos presentes e futuros do país esta foi a pauta que sempre guiou a relación do Executivo galego co Goberno de España e asegurou que nesta nova etapa que agora comeza tamén a cooperación “seguirá rexendo as relacións entre a Xunta e o Estado”.

Así, manifestou que a colaboración leal do Executivo autonómico co Goberno da nación “foi e continuará sendo o noso camiño”, incidiu, resaltando que ao longo destes anos “a defensa dos nosos intereses e o respecto ás nosas singularidades nunca supuxo un problema de encaixe en España”.
Tras lembrar que ambas as dúas Administracións -autonómica e estatal- se moven polos mesmos intereses: “lograr o mellor para Galicia e para España”, o titular da Xunta amosou a súa disposición a manter “un espírito construtivo” que facilite a conciliación “naqueles asuntos que están na axenda e que son prioritarios para a nosa Comunidade”. 

Feijóo reivindicou, ademais, que fronte “a quen se empeña en romper as regras de xogo e se afana en adoptar decisións unilaterais e arbitrarias sen ter en conta a Constitución e a pertenza a un espazo común”, existe unha inmensa maioría de cidadáns que, dixo, “reivindicamos o entendemento, a cohesión institucional e o concurso de todos como a mellor fórmula para afrontar os problemas”.

Lembrou que vivimos tempos nos que os cidadáns reclaman “solucións que requiren da suma de vontades e do esforzo de todos”, por iso avogou por que desde as distintas administracións se ofrezan “accións conxuntas e coordinadas que teñan en conta os intereses xerais”. Indicou que circunstancias como as actuais esixen que os representantes públicos se afanen en garantir “institucións fortes e exemplares” que respondan aos requirimentos dos cidadáns e estean sempre ao seu servizo. “Isto só se pode conseguir con traballo diario”, argumentou, resaltando que só cunha xestión rigorosa, eficaz, eficiente e transparente e co compromiso, responsabilidade e sensatez, “seremos quen de ofrecer esa exemplaridade que nos demandan os cidadáns e recobrar, así, a súa confianza”.
Neste acto  a ministra de Fomento, Ana Pastor, afirmou que Galicia é "una prioridade para o  Goberno de España", e destacou o "investimento" que se está facendo na comunidade para que esta "teña o que tiña que haber tido durante anos e non ha tivo".
Dixo que "Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior investimento de todo o Estado español, é la segunda comunidade con maior investimento per cápita, a segunda con mayor investimento por PIB, a segunda comunidade con mayor investimento en algo tan importante como é o ferrocarril do século XXI, que nos vai a permitir estar moito más cerca", recordóu.

Parabens a Santiago Villanueva  e agradecemento a Samuel Juárez polo seu traballo á fronte da Delegación do Goberno en Galicia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta