Do
Consello de Ministros celebrado hoxe destaco a aprobación dun Real Decreto polo
que se modifica o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas en
materia de pagamentos a conta e deducións por familia numerosa ou persoas con
minusvalidez a cargo. A modificación regulamentaria prodúcese tras a recente
aprobación da reforma fiscal, que entrará en vigor en xaneiro, e unha vez que
superou o trámite de información pública.
As
retencións salariais adaptaranse á rebaixa media do 12,5 por 100 que supón a
reforma do IRPF para vinte millóns de contribuíntes. Desta forma, elévanse os
umbrais de retención, isto é, a contía a partir da cal debe empezar a
practicarse esta. Ademais incorporouse a nova escala de retención con tipos
marxinais inferiores.
Estas modificacións xerarán, con carácter xeral, unha redución da carga
tributaria soportada polos perceptores de rendementos de traballo, que se
intensifica nos contribuíntes con menores recursos ou con maiores cargas
familiares. A reforma fiscal na súa totalidade, incluído o Imposto sobre
Sociedades, poñerá en mans dos contribuíntes nove mil millóns de euros en dous
anos.
As retencións por actividades profesionais e actividades económicas baixarán do
21 por 100 o 19 por 100 en 2015 e o 18 por 100, en 2016. Incorpórase tamén o
novo tipo do 15 por 100 para profesionais con menores importes de rendementos
íntegros (quince mil euros anuais). O tipo de retención para administracións de
entidades cuxa cifra de negocios sexa interior a cen euros pasará do 42 por 100
actual ao 20 por 100 en 2015 e ao 19 por 100 en 2016.
Regulación
dos "impostos negativos"
O Real Decreto fixa os requisitos para aplicar as novas deducións por familia
numerosa ou persoas a cargo con minusvalidez que son, básicamente, que realicen
actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta na
Seguridade Social ou mutualidade.
Como consecuencia da reforma do IRPF, a partir do 1 de
xaneiro de 2015 existirán tres novas deducións (impostos negativos que operarán
de forma análoga á dedución por maternidade), aplicable por traballadores por conta
propia ou allea integrados nunha familia numerosa ou cun descendente ou
ascendente con minusvalidez polo que teña dereito o mínimo correspondente (33
por 100 ou máis). Por cada unha delas terase dereito a unha dedución acumulable
de 1.200 euros anuais.
Percepción anticipada
Ao igual que a dedución por maternidade (outro imposto negativo perfectamente
compatible cos novos), que se mantén, será posible solicitar á Axencia
Tributaria a percepción anticipada das novas deducións, de forma que poida
cobrarse a razón de ata cen euros ao mes por cada unha delas ás que se teña
dereito. Para tal efecto, establécense dúas modalidades de solicitude da
dedución de forma anticipada: colectiva e individual.
A solicitude colectiva presentarase por todos os contribuíntes que puidesen ter
dereito á dedución respecto dun mesmo descendente, ascendente ou familia
numerosa; por exemplo, dos dous pais integrados nunha familia numerosa ou dos
dous pais que teñen un fillo con minusvalidez con dereito ao mínimo, só ten que
cumprir os requisitos que figure como primeiro solicitante.
A solicitude individual presentarase polo contribuínte que cumpra os requisitos
esixidos na deducción.
En total, 750.000 familias poderanse beneficiar das novas deducións (impostos
negativos) por contribuínte con discapacitados a cargo ou familia numerosa, por
un importe global de 732 millóns de euros en 2015.
Recibirá resposta