A poucos días de finalizar o presente ano
procede facer un superficial balance da acción de Goberno de Mariano Rajoy no que respecta a
crecemento económico, emprego e benestar.
Crecemento e emprego:
Os españois demos a volta á situación de crise:
- Tras sete anos de caída, 2014 é o primeiro ano en que se crea emprego neto:
400.000 novos afiliados nun ano.
- Foméntase o emprego estable con medidas concretas: a tarifa plana de
contratación indefinida tivo 180.000 beneficiarios, e agora prorrogarase tres
meses máis.
- Recuperamos boa parte das empresas que se deron de baixa durante a crise:
71.500 novas empresas.
- Estabilizamos a inflación: levamos 14 meses recortando o diferencial coa
media europea.
- Os españois recuperan poder adquisitivo: soben as pensións un 0,25 e o
salario mínimo interprofesional un 0,5%.
- España crece por enriba da media europea, dende as previsións máis prudentes:
crecemento do 1,4% do PIB.
- Gañamos competitividade para as nosas exportacións: somos un dos países do
mundo con maior dinamismo exterior.
- O crecemento tradúcese en confianza e investimentos: estamos entre os 10
países do mundo que máis investimentos reciben.
- As CCAA
alcanzaron a sostibilidade financeira, clave para garantir a prestación de
servizos básicos.
Benestar
Os bos datos económicos tradúcense en benestar:
- A creación de emprego reactivouse con 550.000 empregos máis en seis meses:
cada número representa un motivo de esperanza para as persoas que aínda non
encontraron emprego.
- Aumenta o investimento en políticas activas de emprego: un 16,5% nos
Presupostos Xerais do Estado.
- Mantivéronse as prestacións por desemprego: investíronse 30.000 millóns en
2014.
- Máis de 400.000 parados de longa duración volverán ter unha oportunidade de
emprego, grazas ás axudas para a integración efectiva no mercado laboral.
- Entra en vigor a reforma fiscal, que baixa os impostos de forma xeneralizada
un 12,5%, beneficiando especialmente ás rendas máis baixas.
- España conseguiu superar a peor etapa da crise sen menoscabar a protección
social: o 54% do presuposto diríxese ao gasto social.
- Este Goberno subiu as pensións: mentres outros países tiveron que recortalas
ata un 15%, en España páganse máis que antes da crise.
Recibirá resposta