Coñecemos hoxe o dato de que o número de
desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego de
España baixou en novembro en 14.688 persoas, cifra que supón o mellor dato
rexistrado neste mes en toda a serie histórica e deixa a cifra total de paro
rexistrado en 4.512.116 persoas.
Trátase
da segunda caída do paro neste mes tras a anotada en novembro do pasado ano,
cando se rexistraron 2.475 parados menos. Nos últimos seis anos o paro tivera
un incremento medio superior ás 64.000 persoas.
En
termos desestacionalizados, o paro rexistrado baixa en 51.308 persoas, a
maior redución nun mes de novembro de toda a serie histórica, e a segunda maior
de calquera mes.
Respecto
a novembro de 2013, o paro reduciuse en 296.792 persoas (-6,17%), o que supón a
maior caída interanual neste mes dende 1998.
Durante
os once primeiros meses de 2014, o paro rexistrado diminuíu en 189.222 persoas,
o maior descenso acumulado neste período en dezaseis anos.
Pola
súa banda, o paro rexistrado entre os mozos menores de 25 anos descendeu nos
últimos 12 meses en 35.451 persoas, o que supón un 7,8% de caída interanual.
O
paro cae entre os traballadores procedentes de todos os sectores, salvo en
Servizos. Así, en Construción baixa en 9.065 persoas (un 1,68% menos), en
Agricultura en 8.580 persoas (un 3,83% menos), e en Industria en 5.304 persoas
(un 1,16% menos). Entre os desempregados procedentes do
sector Servicios sobe en 8.849 persoas (un 0,31% máis).
O
paro rexistrado baixa en 11 Comunidades Autónomas, encabezadas por Andalucía
(-9.571), Comunidade Valenciana (-6.763) e Cataluña (-5.481). Sobe, pola
contra, en 6, encabezadas por Illes Balears(8.798) e Galicia (4.588).
GALICIA
Remata
novembro con 248.632 parados, 4.588 mais que no mes anterior (1,88%) ; en
termos interanuais o número de parados en Galicia diminúe en 22.222
persoas, o que representa en valores porcentuais o - 8,20%.
No
mes de novembro sempre se rexistran subas do paro rexistrado, pero trátase,
igualmente, do mellor comportamento interanual nun mes de novembro de toda a
serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde 1996), e se
falamos en termos relativos, desde 1999. Con estas cifras, o paro rexistrado
volve a cifras inferiores a novembro de 2011.
Con
respecto á media do Estado, Galicia presenta un comportamento 2 puntos mellor
en termos interanuais que a media estatal, aínda que en novembro e en termos
intermensuais o paro baixase en España un 0,32%.
A
nivel provincial, o paro sobe en tódalas provincias galegas, con A Coruña á
cabeza (1.764 parados máis).
OURENSE
Remata o mes de novembro con 27.251 parados, 993 mais que no mes anterior (3,78 %) , deles 12.684 son homes e 14.567 mulleres, 25.577 son maiores de 25 anos e 1.674 menores.
Por
sectores, 1.356 son da agricultura, 3.741 da industria, 3.355 da construción,
16.395 nos servizos e 2.404 do colectivo sen emprego anterior.
En termos interanuais o número de parados en Ourense diminúe en 1.181 persoas, o que representa en valores porcentuais o - 6,46 %
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta